DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2008 Páx. 22.119

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2008 pola que se aproban as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2008, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais relacionadas coa recuperación da memoria histórica.

Vistas as solicitudes de subvencións destinadas á realización de actividades culturais relacionadas coa recuperación da memoria histórica, de ámbito autonómico, presentadas por estas asociacións/fundacións, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Vista a proposta da Comisión de Valoración prevista no artigo 7 da dita Orde do 5 de maio e tendo en conta os criterios sinalados no seu artigo 7,

RESOLVO:

Concederlles as axudas, sinaladas no anexo, ás asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais relacionadas coa recuperación da memoria histórica con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.432B.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

As actividades realizadas a que fai referencia esta resolución deberán xustificar a totalidade do orzamento antes do 1 de novembro do ano 2008, segundo o artigo 10 da orde de convocatoria do 5 de maio de 2008.

Notificarlles aos interesados esta resolución, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2008.

P.D. (Orde 12-1-2007)

José Carlos Sierra Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Deporte

Ver referencia pdf "24100D009P060.PDF"