A disposición derradeira terceira do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a aprobación mediante orde desta consellería dos modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstos neste regulamento.
No exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-Apróbanse os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstos no Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, publicados nos anexos I a XXXVIII desta orde.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2008.
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza
Ver referencia pdf "25200D001P007.PDF"