DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 09 de xaneiro de 2009 Páx. 481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 290/2008, do 4 de decembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Vila de Cruces, Pontevedra.

O Concello de Vila de Cruces considerou conveniente organizar correctamente a súa bandeira municipal para perpetuala con simboloxía adecuada e conforme ás normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica da insignia, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme ás normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, do 28 de novembro; e mais no Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 73/2006, do 20 de abril.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de decembro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aprobar a bandeira do Concello de Vila de Cruces, que figura como anexo, organizada do seguinte xeito:

En pano de verde, no ángulo de arriba da hasta, tres cruces de amarelo ben ordenadas.

Santiago de Compostela, catro de decembro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "00600D005P013.PDF"

VILA DE CRUCES - BANDERA