En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de xaneiro de dous mil nove,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, María do Carme Adán Villamarín como secretaria xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e un de xaneiro de dous mil nove.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Anxo Manuel Quintana González
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar