DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 28 de xaneiro de 2009 Páx. 1.896

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (829/2008).

Ana María Carrasco García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro da Coruña, fai saber:

Que no procedemento de demanda 829/2008 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Bernardo Novoa Riola contra a empresa Mercar Noroeste, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a seguinte

«Sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta.

Xulgado do Social número catro da Coruña. Autos 829/2008.

Decido que estimando a demanda promovida por Bernardo Novoa Riola contra a empresa Mercar Noroeste, S.L.U., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante sr. Novoa Riola, con data do 8 de setembro de 2008, condenando a empresa demandada á readmisión ou ao aboamento, en concepto de indemnización, da cantidade de 36.250 euros, así como ao aboamento, en ambos os casos, dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta sentenza, que ascende á cantidade de 4.883,34 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, debendo anuncialo previamente perante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, o que se poderá substituír por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, e sen este requisito non se poderá considerar anunciado o recurso e quedará firme a sentenza.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mercar Noroeste, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de decembro de 2008.

Ana María Carrasco García

Secretaria xudicial