DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 29 de xaneiro de 2009 Páx. 1.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de novembro de 2008 polo que se outorga a concesión definitiva para a posta en funcionamento dunha emisora de carácter comercial, para a súa explotación en réxime de xestión indirecta de servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Radio Popular, S.A. (COPE), para a localidade da Estrada (Pontevedra).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día vinte e sete de novembro de dous mil oito, relativo á adxudicación definitiva dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia, resulta necesario dar publicidade ao acordo mencionado, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do día vinte e sete de novembro de dous mil oito, polo que se adxudica definitivamente o servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Radio Popular, S.A. (COPE), para a localidade da Estrada (Pontevedra), coas características técnicas que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2008.

Manuel José Fernández Iglesias

Director xeral de Comunicación Social e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de novembro de dous mil oito, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Outorgar a concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Radio Popular S.A. (COPE), para a localidade da Estrada (Pontevedra).

As características técnicas que se asignan á emisora son:

-Frecuencia (MHz): 88,4.

-Localidade: A Estrada.

-Provincia: Pontevedra

-Coordenadas: 42º 45’ 04’’ N-08º 37’ 41’’ W.

-Cota (m): 451

-Denominación da emisión: 256KF8EHF.

-Potencia radiada aparente máxima: 2000 W.

-D= (051º-141º) a -3dB e debendo atenuar polo menos 20 dB no sector (175º-190º)

-Potencia máxima nominal do equipo transmisor: 400 W.

-Potencia de saída autorizada do equipo transmisor: 281 W.

-Altura sobre o chan, do centro eléctrico da antena (m): 25.

-Altura do mastro sobre o chan (m): 30.

-Altura efectiva máxima (m): 402.

-Polarización: circular.