DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 02 de febreiro de 2009 Páx. 2.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no capítulo I do seu título V regula o ingreso, a promoción e a mobilidade ás distintas categorías dos corpos de policías locais. De igual xeito, no seu artigo 26, establécese a posibilidade de creación e provisión das prazas da subescala facultativa. O título VIII da dita lei dedícase aos vixilantes municipais e auxiliares de policía local, e na súa disposición adicional segunda, recóllese a integración nos corpos de policía dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, que cumpran determinados requisitos e superen un concurso-oposición.

Estas cuestións foron reguladas polo Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, que deriva a un posterior desenvolvemento normativo de aspectos relacionados coa determinación das probas selectivas, baremos de méritos e temarios, de xeito que a súa descrición e fixación permita asegurar, baixo criterios racionais de obxectividade, unha coordinación necesaria nesta materia. O dito decreto derroga o Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais, que ata entón era a norma reguladora destas materias.

Na súa virtude, en uso das facultades outorgadas pola disposición derradeira primeira do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, e logo do informe preceptivo da Comisión de Coordinación de policías locais de Galicia, na súa sesión de 12 de xaneiro de 2009, ao abeiro do disposto no artigo 17.1º a) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

DISPOÑO:

Artigo único.

Apróbanse os contidos relativos ás probas selectivas, baremos de méritos e os temarios para o ingreso, a promoción interna e a mobilidade ás distintas categorías dos corpos de policías locais e á subescala facultativa destes corpos, así como para o proceso de integración de vixilantes municipais e auxiliares de policía local ou interinos nos corpos de policía local previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, para o acceso a vixilante municipal e para a contratación de auxiliares de policía de tempada, que figuran como anexos a esta orde, sistematizados do seguinte xeito:

Anexo I. Ingreso na categoría de policía: probas selectivas e temario.

Anexo II. Promoción interna ata a categoría de intendente: baremo de méritos para a fase de concurso e temarios para a fase de oposición.

Anexo III. Mobilidade para todas as categorías e promoción interna ás prazas de intendente principal e superintendente: baremo para o concurso de méritos.

Anexo IV. Ingreso nas diferentes categorías da subescala facultativa: probas selectivas e temario (parte xeral).

Anexo V. Acceso ás prazas de vixilante municipal: probas selectivas e temario.

Anexo VI. Integración de vixilantes municipais e auxiliares de policía ou interinos nos corpos de policía local: baremo de méritos para a fase de concurso e descrición das probas selectivas.

Anexo VII. Contratación de auxiliares de policía de tempada: probas selectivas e temario.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Ingreso na categoría de policía: probas selectivas e temario

A. Probas selectivas.

A.1. Comprobación da estatura e probas de aptitude física.

-Comprobación da estatura.

Antes de comezar as probas físicas efectuarase o control da estatura dos/as aspirantes, quedando eliminados/as os/as que non acaden a estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

-Probas físicas.

As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas A.1.1, A.1.4 e A.1.5, e alcanzar ou superar os mínimos das probas A.1.2 e A.1.3. Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

Establécense diferentes marcas para cada sexo. As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación que poderán facerse de forma colectiva se así o considera o tribunal cualificador. Nas probas de resistencia xeral e natación, disponse dunha soa posibilidade de execución, no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de apto.

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberá realizarse en lugares axeitados ao tipo de proba a executar. En todas as probas deberase empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor.

A.1.1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

Realizarase nunha pista de atletismo ou calquera zona totalmente chaira de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar sinalado, podendo realizar a saída de pé ou agachado, sen utilizar tacos de saída.

As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 7,40Ž.

Mulleres: 8,20Ž.

A.1.2. Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

A.1.2.1. Flexións de brazos.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.

A flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por enriba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas.

Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo exixible é de 10 flexións.

A.1.2.2. Suspensión en barra.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

O exercicio consiste en quedar, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, presa coas palmas da man cara atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, queixo situado por enriba da barra e sen ter contacto con ela.

O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.

A.1.3. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e, coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.

O/a aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pés separados, paralelos entre si e á mesma altura. Realizará un salto horizontal caendo cos dous pés ao chan Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próximo á liña.

As marcas mínimas exixidas (en centímetros) para a superación da proba son:

Homes: 210 cm.

Mulleres: 185 cm.

A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé.

Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira.

As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 3,30Ž.

Mulleres: 4,10Ž.

A.1.5. Proba de natación: 25 metros estilo libre.

Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.

O/a aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, debendo permanecer neste último caso en contacto co bordo da saída.

Unha vez que se dea o sinal de saída, os/as aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión.

As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son:

Homes: 24ŽŽ.

Mulleres: 28ŽŽ.

A.2. Proba de avaliación dos coñecementos.

A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar a súa preparación intelectual e o dominio dos contidos do temario que se inclúe no punto B deste anexo.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización.

A proba será cualificada polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula:

N= (A-F/3)/10.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas falladas ou non respondidas.

A.3. Probas psicotécnicas.

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos/as aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado. Terán que efectuarse e valorarse por persoal especialista.

A cualificación global será de apto/non apto.

A.3.1. Proba de intelixencia.

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

A.3.2. Probas de personalidade.

As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade.

Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento do estrés e motivación polo traballo policial.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico dos candidatos. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse, ademais, os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

A.4. Proba de recoñecemento médico.

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións policiais propias do posto de traballo.

Cualificarase como apto/non apto.

Para os efectos da exclusión do/a aspirante, terase en conta o seguinte:

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresada en metros.

2. Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial que, a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións policiais.

Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

A.5. Proba de coñecemento da lingua galega.

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuada/s.

Esta proba será eliminatoria e cualificarase de cero a tres puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de un con cinco puntos como mínimo para superala.

B. Temario.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: Dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: Dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

4. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

5. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

6. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

7. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

8. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

9. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

10. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

11. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

12. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

13. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos municipais.

14. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

15. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

16. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

17. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Funcións da policía local.

18. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

19. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

20. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

21. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

22. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

23. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

24. Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

25. Homicidio e as súas formas. Faltas contra as persoas. Delitos e faltas contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

26. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes.

27. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

28. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

29. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

30. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

31. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

32. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

33. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

34. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

35. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

36. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e compañeiros. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

37. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

38. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

39. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

40. Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo público.

ANEXO II

Promoción interna ata a categoría de intendente: baremo

de méritos para a fase de concurso e temarios para a fase

de oposición

A. Baremo para a fase de concurso.

Cando o procedemento de selección sexa concurso-oposición, a fase de concurso rexerase polo seguinte baremo de méritos:

A.1. Titulacións académicas.

Tendo en conta o previsto no artigo 76 e na disposición transitoria terceira do Estatuto básico do empregado público, as titulacións que se baremarán serán as seguintes:

-Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente: 3,00 puntos.

-Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 2,00 puntos.

-Técnico superior, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado superior en criminoloxía, ciencias policiais ou equivalente: 1,50 puntos.

-Bacharel, técnico ou equivalente: 0,50 puntos.

Puntuación máxima da epígrafe A.1: 4,00 puntos.

Non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría á que se aspira, agás que se posúa máis dunha.

Tampouco se terán en conta, para os efectos de valoración, as titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, debendo achegarse a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición na que se estableza esta e, se é o caso, o BOE en que se publica.

Só se valorarán os títulos antes citados, non os cursos realizados para a súa obtención.

A.2. Antigüidade.

Para os efectos de valoración da antigüidade só serán tidos en conta os servizos prestados como funcionario de carreira.

-Por cada ano de servizos ou fracción superior a seis meses prestados nos corpos de policía local: 0,20 puntos.

-Por cada ano de servizos ou fracción superior a seis meses prestados noutros corpos e forzas de seguranza: 0,10 puntos.

-Por cada ano de servizos ou fracción superior a seis meses prestados noutros corpos das administracións públicas: 0,05 puntos.

Puntuación máxima do apartado A.2.: 4,00 puntos.

A.3. Formación e docencia.

A.3.1. Formación profesional continua:

A.3.1.1. Os cursos de formación profesional ou outras actividades formativas desenvoltas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

-Cada hora presencial en actividades con exame de aproveitamento: 0,025 puntos.

-Cada hora a distancia en actividades con exame de aproveitamento: 0,020 puntos.

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

-Cada hora en actividades formativas de asistencia en formación en liña: 0,010 puntos.

A.3.1.2. Os cursos de manifesto interese policial homologados pola Academia Galega de Seguridade Pública, superados nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

-Ata 20 horas lectivas: só asistencia 0,20 puntos; aproveitamento 0,30 puntos.

-Entre 21 e 40 horas lectivas: só asistencia 0,35 puntos; aproveitamento 0,50 puntos.

-Entre 41 e 70 horas lectivas: só asistencia 0,45 puntos; aproveitamento 0,65 puntos.

-Entre 71 e 100 horas lectivas: só asistencia 0,50 puntos; aproveitamento 0,75 puntos.

-Entre 101 e 200 horas lectivas: só asistencia 0,75 puntos; aproveitamento 1,00 punto.

-Máis de 200 horas lectivas: só asistencia 1,00 punto; aproveitamento 1,30 puntos.

Non se terán en conta, para os efectos de valoración: os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguranza; os cursos repetidos, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a finalización do primeiro curso, e os cursos necesarios para a obtención das titulacións da epígrafe A.1 do anexo II desta orde, nin a superación de materias destes.

A.3.2. Docencia:

A.3.2.1. A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas desenvoltas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo dos corpos e forzas de seguranza, valoraranse por hora impartida a razón de:

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,020 puntos.

-Cada hora en actividades de formación en liña: 0,015 puntos.

A.3.2.2. A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas de manifesto interese policial dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguranza, desenvoltas nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, valoraranse por hora impartida a razón de:

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

-Cada hora en actividades de formación en liña: 0,010 puntos.

O mesmo curso impartido en máis dunha ocasión só computará unha vez, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a súa impartición.

Os méritos desta epígrafe A.3. deberán acreditarse dentro do prazo que se determine, mediante a presentación dos diplomas ou certificados correspondentes, que expresarán claramente os contidos xerais e as horas de formación ou docencia, se é o caso.

Puntuación máxima do apartado A.3.: 8,00 puntos.

A.4. Distincións e recompensas oficiais.

-Placa individual ao mérito da policía local: 2,00 puntos.

-Placa colectiva ao mérito da policía local: 1,5 puntos.

-Medalla ao mérito da policía local: 1,00 punto.

-Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos: 0,75 puntos.

-Distinción do órgano colexiado competente do concello: 0,25 puntos.

Puntuación máxima da epígrafe A.4.: 2,00 puntos.

A.5. Idiomas.

O coñecemento doutro idioma distinto ao español e ao galego, acreditado por certificado de Escola Oficial de Idiomas, valorarase a razón de:

a) Ciclos.

-Certificado de superación do ciclo elemental: 1,00 punto.

-Certificado de superación do ciclo superior: 2,00 puntos.

b) Niveis.

-Certificado superación nivel básico: 0,65 puntos.

-Certificado superación nivel intermedio: 1,30 puntos.

-Certificado superación nivel avanzado: 2,00 puntos.

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten.

Puntuación máxima do apartado A.5.: 4,00 puntos.

A.6. Lingua galega.

-Celga 1: 0,25.

-Celga 2: 0,50.

-Celga 3: 0,75.

-Celga 4: 1,00.

-Curso de iniciación: 0,75.

-Curso de perfeccionamento: 1,00.

-Curso de linguaxe administrativa nivel medio: 1,50.

-Curso de linguaxe administrativa nivel superior: 2,00.

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten.

Puntuación máxima do apartado A.6.: 2,00 puntos.

B. Temarios para a fase de oposición.

Terase en conta o previsto no artigo 32.2º do Decreto 243/2008.

No caso de que se opte polo formato tipo test, este constará de 120 preguntas con 4 alternativas de resposta, referidas ao contido do temario correspondente a cada categoría. A proba terá unha duración máxima de dúas horas. Cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N=(A-F/3)/12.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas falladas ou non respostadas.

B.1. Temario da oposición á categoría de oficial.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución. Dereitos fundamentais e liberdades II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza.

4. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

5. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías de dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

6. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

7. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

8. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención ao Tribunal Superior de Xustiza.

9. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

10. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

11. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

12. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

13. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

14. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

15. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos municipais.

16. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

17. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

18. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

19. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Funcións da policía local.

20. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

21. A actividade da policía local como policía administrativa I. Consumo. Abastos. Mercados.Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

22. A actividade da policía local como policía administrativa II. Urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

23. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

24. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

25. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

26. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

27. Delitos contra a Administración pública.

28. Atentados contra a autoridade e as súas axentes. Desordes públicas.

29. Homicidio e as súas formas. Faltas contra as persoas.

30. Delitos e faltas contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

31. Delitos contra a saúde pública. Tráfico de drogas.

32. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes.

33. As penas. Concepto, clases: privativas de liberdade, privativas de dereito e multa. Clasificación pola súa gravidade: graves, menos graves e leves.

34. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal.

Concepto e estrutura.

35. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais nas que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

36. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estruturas e conceptos xerais.

37. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso. Cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.

38. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia.

39. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

40. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

41. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local.

42. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Doutrina constitucional. Procedemento de averiguación do grao de impregnación alcohólica.

43. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

44. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

45. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

46. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

47. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

48. O mando: concepto, estilos, calidades, trazos, regras e características do mando; relación con subordinados; técnicas de dirección e reunións.

49. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

50. Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo á cidadanía. Colaboración con outros servizos municipais.

B.2. Temario da oposición á categoría de inspector.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Constitución. Concepto e clases. O poder constituínte. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: Dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza.

4. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

5. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Valedor do Pobo.

6. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

7. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

8. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención ao Tribunal Superior de Xustiza.

9. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

10. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

11. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

12. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

13. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

14. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

15. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

16. Bens, actividades e servizos públicos na esfera local.

17. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

18. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

19. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

20. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Disposicións xerais. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Réxime disciplinario.

21. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Funcións da policía local.

22. Lei de coordinación das policías locais de Galicia. Estrutura e aspectos esenciais.

23. A selección, formación, promoción e mobilidade das policias locais de Galicia.

24. Réxime disciplinario da policía local. Réxime de incompatibilidades. Segunda actividade. Retribucións.

25. A policía local como instituto armado de natureza civil. Lexislación aplicable sobre armamento. O uso de armas de fogo.

26. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo, abastos, mercados. Venda ambulante.

27. A actividade da policía local como policía administrativa II: espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos públicos.

28. A actividade da policía local como policía administrativa III: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

29. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

30. Os plans de emerxencia. Coordinación de todas as administracións. Actuación policial.

31. Concepto e contido do dereito penal. Principios que o informan. Principio de legalidade. Principio de irretroactividade e as súas excepcións.

32. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

33. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de execución do delito.

34. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

35. Delitos contra a Administración pública.

36. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

37. Homicidio e as súas formas. Faltas contra as persoas.

38. Delitos e faltas contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

39. Delitos contra a saúde pública. Tráfico de drogas.

40. Delitos relativos á ordenación do territorio e á protección do patrimonio histórico e do ambiente.

41. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes.

42. As penas. Concepto, clases: privativas de liberdade, privativas de dereitos e multa. Clasificación pola súa gravidade: graves, menos graves e leves.

43. A policía local como policía xudicial. Lexislación e funcións.

44. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

45. Entrada e rexistro en lugar pechado. Intervención das comunicacións telefónicas. Intervención das comunicacións postais. Uso da información obtida por estes medios.

46. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención.

47. Contido da asistencia letrada ao detido. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

48. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

49. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso. Cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.

50. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia.

51. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

52. Permisos e licenzas de condución: as súas clases. Intervención, suspensión e revogación.

53. Transporte de mercadorías perigosas por estrada. Normativa legal. Intervención en caso de accidente. A inspección técnica de vehículos. Transporte escolar: normativa vixente. O tacógrafo: definición e uso.

54. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

55. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local.

56. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Doutrina constitucional. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

57. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

58. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

59. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural. A policía como servizo á cidadanía. Colaboración con outros servizos municipais.

60. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero.

61. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Dirección de equipos de traballo. Concepto e características do mando: funcións, estilos, metodoloxía; relación cos subordinados; técnicas de dirección e xestión de reunións.

62. Toma de decisións: proceso, deberes cara á organización; poder e autoridade.

63. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

64. Responsabilidade no exercicio profesional. Principio de xerarquía e subordinación. Relacións interpersoais. Integridade e imparcialidade. Consideración ética da dirección de persoal.

65. Deontoloxía profesional. Código de conduta para funcionarios encargados de facer cumprir a lei. Declaración do Consello de Europa sobre a policía. Principios básicos de actuación policial desde a perspectiva deontolóxica.

B.3. Temario da oposición á categoría de inspector principal.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Constitución. Concepto e clases. O poder constituínte. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza.

4. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

5. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica.

As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Valedor do Pobo.

6. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

7. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

8. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención ao Tribunal Superior de Xustiza.

9. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

10. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

11. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

12. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

13. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

14. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

15. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

16. Bens, actividades e servizos públicos na esfera local.

17. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

18. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

19. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario.

20. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

21. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Disposicións xerais. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Réxime disciplinario.

22. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Funcións da policía local.

23. Lei de coordinación das policias locais de Galicia. Estrutura e aspectos fundamentais.

24. A selección, formación, promoción e mobilidade das policias locais de Galicia.

25. Réxime disciplinario da policía local. Réxime de incompatibilidades. Segunda actividade. Retribucións.

26. A policía local como instituto armado de natureza civil. Lexislación aplicable sobre armamento. O uso de armas de fogo.

27. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo, abastos, mercados. Venda ambulante.

28. A actividade da policía local como policía administrativa II: espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos públicos.

29. A actividade da policía local como policía administrativa III: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

30. A Lei de emerxencias en Galicia: aspectos fundamentais.

31. Os plans de emerxencia. Coordinación de todas as administracións. Actuación policial.

32. Concepto e contido do dereito penal. Principios que o informan. Principio de legalidade. Principio de irretroactividade e as súas excepcións.

33. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

34. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de execución do delito.

35. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

36. Delitos contra a Administración pública.

37. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

38. Homicidio e as súas formas.

39. Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

40. Delitos contra a saúde pública. Tráfico de drogas.

41. Delitos relativos á ordenación do territorio e á protección do patrimonio histórico e do medio.

42. Delitos contra a seguranza vial. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes.

43. Faltas contra as persoas e contra o patrimonio.

44. As penas. Concepto, clases: privativas de liberdade, privativas de dereito e multa. Clasificación pola súa gravidade: graves, menos graves e leves.

45. A policía local como policía xudicial. Lexislación e funcións.

46. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

47. Entrada e rexistro en lugar pechado. Intervención das comunicacións telefónicas. Intervención das comunicacións postais. Uso da información obtida por estes medios.

48. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención.

49. Contido da asistencia letrada ao detido. Dereito do detido. Responsabilidades penais nas que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

50. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

51. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso. Cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.

52. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia.

53. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

54. Permisos e licenzas de condución: as súas clases. Intervención, suspensión e revogación.

55. Transporte de mercadorías perigosas por estrada. Normativa legal. Intervención en caso de accidente.

56. A inspección técnica de vehículos. Transporte escolar: normativa vixente. O tacógrafo: definición e uso.

57. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

58. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local.

59. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Doutrina constitucional. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

60. Técnicas de tráfico I: ordenación e regulación do tráfico rodado. Conceptos básicos: densidade, intensidade, capacidade e velocidade. Sinalización das vías.

61. Técnicas de tráfico II: características dos sinais de tráfico. Instalación de semáforos. O estacionamento de vehículos. Concepto e problemática. Ordenación do estacionamento. Circulación peonil.

62. Toxicomanías. Clasificación das drogas. Lexislación aplicable.

63. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social, cultural.

64. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos. A policía como servizo á cidadanía. Colaboración con outros servizos municipais.

65. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitudes, valores, prexuízos e estereotipos. Formación de actitudes e relación coa conduta. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

66. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

67. Situacións de crise ou desastres. Efectos e reaccións ante estas situacións.

68. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

69. O mando: concepto, estilos, calidades, trazos e regras; características do mando: funcións, estilos, metodoloxía; relación con subordinados; técnicas de dirección de reunións.

70. Toma de decisións: proceso, deberes cara á organización e relación cos subordinados; poder e autoridade.

71. Técnicas de dirección de persoal: concepto, funcións e responsabilidade. Planificación. Organización, distribución, execución e control do traballo policial. Reunións de grupo. Formación, reciclaxe e perfeccionamento profesional dos membros do equipo.

72. Calidade nos corpos de policía local.

73. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

74. Responsabilidade no exercicio profesional. Principio de xerarquía e subordinación. Relacións interpersoais. Integridade e imparcialidade. Consideración ética da dirección de persoal.

75. Deontoloxía profesional. Código de conduta para funcionarios encargados de facer cumprir a lei. Declaración do Consello de Europa sobre a policía. Principios básicos de actuación oficial desde a perspectiva deontolóxica.

B.4. Temario da oposición á categoría de intendente.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Constitución. Concepto e clases. O poder constituínte. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

4. Dereitos fundamentais e liberdades públicas III: Dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión.

5. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

6. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica.

7. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Valedor do Pobo.

8. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

9. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

10. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención ao Tribunal Superior de Xustiza.

11. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

12. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

13. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

14. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

15. Responsabilidade das administracións públicas e das súas autoridades e demais persoal ao seu servizo. Peculiaridades do ámbito local.

16. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

17. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

18. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

19. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos bens de dominio público.

20. O servizo público na esfera local. Modos de xestión dos servizos públicos.

21. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

22. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

23. As multas municipais. Concepto e clases. Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora da Administración.

24. Os orzamentos municipais. Concepto e clases. Ingresos municipais. As ordenanzas fiscais. Documentos contables.

25. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario.

26. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios públicos. Situacións administrativas.

27. A función policial como servizo público. Concepto de policía. Modelo policial español.

28. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Disposicións xerais. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Réxime disciplinario.

29. Competencias das forzas e corpos de seguranza do Estado. As policías autónomas. As policias locais.

30. Lei de coordinación das policias locais de Galicia. Estrutura e aspectos esenciais.

31. A selección, formación, promoción e mobilidade das policias locais de Galicia.

32. Réxime disciplinario da policía local. Réxime de incompatibilidades. Segunda actividade. Retribucións.

33. A policía local como instituto armado de natureza civil. Lexislación aplicable en materia de armamento. O uso de armas de fogo.

34. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo, abastos, mercados. Venda ambulante.

35. A actividade da policía local como policía administrativa II: espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos.

36. A actividade da policía local como policía administrativa III: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

37. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

38. Os plans de emerxencia. Coordinación de todas as administracións. Actuación policial.

39. Concepto e contido do dereito penal. Principios que o informan. Principio de legalidade. Principio de irretroactividade e as súas excepcións.

40. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

41. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de execución do delito.

42. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

43. Delitos contra a Administración pública.

44. Atentados contra a autoridade e as súas axentes. Desordes públicas.

45. Homicidio e as súas formas.

46. Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

47. Delitos contra a saúde pública. Tráfico de drogas.

48. Delitos relativos á ordenación do territorio e á protección do patrimonio histórico e do ambiente.

49. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes.

50. Faltas contra as persoas e contra o patrimonio.

51. As penas. Concepto, clases: privativas de liberdade, privativas de dereito e multa. Clasificación pola súa gravidade: graves, menos graves e leves.

52. A xurisdición e competencias dos xulgados e tribunais penais. Normas de funcionamento. Procedementos xudiciais en materia penal. O sistema procesual español. Principios que o rexen. O Ministerio Fiscal.

53. A policía local como policía xudicial. Lexislación e funcións.

54. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

55. Entrada e rexistro en lugar pechado. Intervención das comunicacións telefónicas, intervención das comunicacións postais. A filmación videográfica en espazos públicos. Uso da información obtida por estes medios.

56. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención.

57. Contido da asistencia letrada ao detido. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

58. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

59. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.

60. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia.

61. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

62. Permisos e licenzas de condución: as súas clases. Intervención, suspensión e revogación.

63. Transporte de mercadorías perigosas por estrada. Normativa legal. Intervención en caso de accidente.

64. A inspección técnica de vehículos. Transporte escolar: normativa vixente. O tacógrafo: definición e uso.

65. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

66. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local.

67. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Doutrina constitucional. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

68. Técnicas de tráfico I: ordenación e regulación do tráfico rodado. Conceptos básicos: densidade, intensidade, capacidade e velocidade. Sinalización das vías. Características dos sinais de tráfico. Instalación de semáforos.

69. Técnicas de tráfico II: o estacionamento de vehículos. Concepto e problemática. Ordenación do estacionamento. Circulación peonil.

70. Vehículos abandonados na vía pública. Obxectos perdidos.

71. Toxicomanías. Clasificación das drogas. Lexislación aplicable.

72. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social, cultural.

73. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos. A policía como servizo á cidadanía. Colaboración con outros servizos municipais.

74. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitudes, valores, prexuízos e estereotipos. Formación de actitudes e relación coa conduta. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

75. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

76. Situacións de crise ou desastres. Efectos e reaccións ante estas situacións.

77. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

78. O mando: concepto, estilos, calidades, trazos e regras; características do mando: funcións, estilos, metodoloxía; relación con subordinados; técnicas de dirección e reunións.

79. Toma de decisións: proceso, deberes cara á organización e relación cos subordinados; poder e autoridade.

80. Técnicas de dirección de persoal: concepto, funcións e responsabilidade. Planificación. Organización, distribución, execución e control do traballo policial. Reunións de grupo. Formación, reciclaxe e perfeccionamento profesional dos membros do equipo.

81. Calidade nos corpos de policía local.

82. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

83. Responsabilidade no exercicio profesional. Principio de xerarquía e subordinación. Relacións interpersoais. Integridade e imparcialidade. Consideración ética da dirección de persoal.

84. Deontoloxía profesional. Código de conduta para funcionarios encargados de facer cumprir a lei. Declaración do Consello de Europa sobre a policía. Principios básicos de actuación policial.

85. A investigación policial. Concepto e fins. Fundamentos da información nun Estado de dereito. Técnicas de investigación. A información na investigación. Fontes de información.

86. A identificación policial. Arquivos policiais. Fondos documentais. Fotos e álbums. Notas informativas. Operacións de vixilancia e seguimento. Definicións. Clases. Fases. Persoal. Redacción de informes.

87. A intervención. A policía como servizo público: o auxilio ao cidadán. Causas da intervención. Toma de decisións. As dilixencias policiais e o informe.

88. A prevención. Vixilancia das cidades. Presenza policial na rúa. Autoprotección durante o servizo.

89. Seguranza cidadá e estrutura policial. Clasificación. Servizos. Unidades e grupos básicos. Natureza operativa. Funcións.

90. Custodia de persoas. Ingreso de detidos en dependencias policiais. Formalidades. Vixilancia de menores e outros supostos especiais.

ANEXO III

Mobilidade para todas as categorías e promoción interna ás prazas de intendente principal e superintendente: baremo para o concurso de méritos.

Baremo para os concursos de méritos para o sistema de mobilidade e tamén para o sistema de promoción interna ás categorías de intendente principal e superintendente.

Cando o procedemento de selección sexa o concurso de méritos, rexerase polo seguinte baremo de méritos:

1. Titulacións académicas.

Tendo en conta o previsto no artigo 76º e na disposición transitoria terceira do Estatuto básico do empregado público, as titulacións a baremar serán as seguintes:

-Título universitario de postgrao, doutor ou equivalente: 3,00 puntos.

-Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 2,00 puntos.

-Técnico superior, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado superior en criminoloxía, ciencias policiais ou equivalente: 1,50 punto.

-Bacharel, técnico ou equivalente: 0,50 puntos.

Non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría a que se aspira, salvo que se posúa máis dunha.

Tampouco se terán en conta, para os efectos de valoración, as titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, debendo achegarse a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición na que se estableza a mesma e, se é o caso, o BOE en que se publica.

Só se valorarán os títulos antes citados, non os cursos realizados para a súa obtención.

2. Antigüidade.

Para os efectos de valoración da antigüidade só serán tidos en conta os servizos prestados como funcionario de carreira.

-Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados nos corpos de policía local: 0,20 puntos.

-Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados noutros corpos e forzas de seguranza: 0,10 puntos.

-Por cada ano de servizos, ou fracción superior a seis meses, prestados noutros corpos das administracións públicas: 0,05 puntos.

3. Formación e docencia.

3.1. Formación profesional continua:

3.1.1. Os cursos de formación profesional ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

-Cada hora presencial en actividades con exame de aproveitamento: 0,025 puntos.

-Cada hora a distancia en actividades con exame de aproveitamento: 0,020 puntos.

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

-Cada hora en actividades formativas de asistencia en formación en liña: 0,010 puntos.

3.1.2. Os cursos de manifesto interese policial homologados pola Academia Galega de Seguridade Pública, superados nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, serán valorados de acordo ao seguinte baremo:

-Ata 20 horas lectivas: só asistencia 0,20 puntos; aproveitamento 0,30 puntos.

-Entre 21 e 40 horas lectivas: só asistencia 0,35 puntos; aproveitamento 0,50 puntos.

-Entre 41 e 70 horas lectivas: só asistencia 0,45 puntos; aproveitamento 0,65 puntos.

-Entre 71 e 100 horas lectivas: só asistencia 0,50 puntos; aproveitamento 0,75 puntos.

-Entre 101 e 200 horas lectivas: só asistencia 0,75 puntos; aproveitamento 1,00 puntos.

-Máis de 200 horas lectivas: só asistencia 1,00 puntos; aproveitamento 1,30 puntos.

Non se terán en conta, para os efectos de valoración: os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguranza; os cursos repetidos, salvo que transcorrese un período superior a cinco anos desde a finalización do primeiro curso e os cursos necesarios para a obtención das titulacións da epígrafe A.1 do anexo II desta orde, nin a superación de materias deles.

3.2. Docencia:

3.2.1. A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas desenvolvidas directamente pola Academia Galega de Seguridade Pública, ou mediante convenios ou protocolos de colaboración con concellos, deputacións e outras entidades públicas, dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguranza, valoraranse por hora impartida a razón de:

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,020 puntos.

-Cada hora en actividades de formación en liña: 0,015 puntos.

3.2.2. A participación como profesor en cursos ou outras actividades formativas de manifesto interese policial dirixidos en particular aos corpos de policía local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguranza, desenvolvidos nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua, valoraranse por hora impartida a razón de:

-Cada hora en actividades formativas de asistencia presencial: 0,015 puntos.

-Cada hora en actividades de formación en liña: 0,010 puntos.

O mesmo curso impartido en máis dunha ocasión só computará unha vez, agás que transcorrese un período superior a cinco anos desde a súa impartición.

Os méritos desta epígrafe A.3 deberán acreditarse dentro do prazo que se determine, mediante a presentación dos diplomas ou certificados correspondentes, que expresarán claramente os contidos xerais e as horas de formación ou docencia, se é o caso.

4. Distincións e recompensas oficiais.

-Placa individual ao mérito da policía local: 2,00 puntos.

-Placa colectiva ao mérito da policía local: 1,5 puntos.

-Medalla ao mérito da policía local: 1,00 punto.

-Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos: 0,75 puntos.

-Distincións do órgano colexiado competente do concello: 0,25 puntos.

5. Idiomas.

O coñecemento doutro idioma distinto do español e do galego, acreditado por certificado de escola oficial de idiomas, valorarase a razón de:

a) Ciclos.

-Certificado de superación do ciclo elemental: 1,00 puntos.

-Certificado de superación do ciclo superior: 2,00 puntos.

b) Niveis.

-Certificado superación nivel básico: 0,65 puntos.

-Certificado superación nivel intermedio: 1,30 puntos.

-Certificado superación nivel avanzado: 2,00 puntos.

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten.

6. Lingua galega.

-Celga 1: 0,25.

-Celga 2: 0,50.

-Celga 3: 0,75.

-Celga 4: 1,00.

-Anterior curso de iniciación: 0,75.

-Anterior curso de perfeccionamento: 1,00.

-Linguaxe administrativa nivel medio: 1,50.

-Linguaxe administrativa nivel superior: 2,00.

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten.

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

ANEXO IV

Ingreso nas diferentes categorías da subescala

facultativa: probas selectivas e temario (parte xeral)

A) Probas selectivas.

A.1. Comprobación da estatura e probas físicas.

-Comprobación da estatura.

Antes de comezar as probas físicas efectuarase o control da estatura dos/as aspirantes, quedando eliminados/as os/as que non acaden a estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres.

-Probas físicas.

As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas A.1.1, A.1.4 e A.1.5, e alcanzar ou superar os mínimos das probas A.1.2 e A.1.3. Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

Establécense diferentes marcas para cada sexo e grupos de idade: de 18 a 36 anos, de 37 a 48 anos, e de 49 e máis anos. O/a opositor/a estará incluído no grupo de idade correspondente, tendo en conta a súa idade o día da realización das probas. As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación que poderán facerse de forma colectiva se así o considera o tribunal. Nas probas de resistencia xeral e natación disponse dunha soa posibilidade de execución, no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de apto.

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberá realizarse en lugares axeitados ao tipo de proba que se vai executar. En todas as probas deberase empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor.

A.1.1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

Realizarase nunha pista de atletismo ou calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar sinalado, podendo realizar a saída de pé ou agachado, sen utilizar tacos de saída.

As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba por cada tramo de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.2. Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

A.1.2.1. Flexións de brazos.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.

A flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por enriba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas.

Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente.

O número de flexións mínimo exixible para cada grupo de idade é:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.2.2. Suspensión en barra.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

O exercicio consiste en quedar, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, presa coas palmas da man cara atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, queixo situado por enriba da barra e sen ter contacto con ela.

Os tempos mínimos exixidos (en segundos) para a superación da proba por cada tramo de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.3. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.

O/a aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pes separados, paralelos entre si e á mesma altura. Realizará un salto horizontal caendo cos dous pes ao chan . Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próximo á liña.

As marcas mínimas (en centímetros) exixidas para a superación da proba por cada tramo de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé.

Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira.

As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba por cada tramo de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.5. Proba de natación: 25 metros estilo libre.

Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.

O/a aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, debendo permanecer neste último caso en contacto co bordo da saída.

Unha vez que se dea o sinal de saída, os/as aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión.

As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba por cada tramo de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.2. Proba de avaliación dos coñecementos.

A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar a preparación intelectual deles/as e o dominio dos contidos do temario que se inclúe na epígrafe B deste anexo.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 120 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización.

A proba será cualificada polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula: N= (A-F/3)/12.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas falladas ou non respondidas.

A.3. Probas psicotécnicas.

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos/as aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado. Terán que ser efectuadas e valoradas por persoal especialista.

A cualificación será de apto/non apto.

A.3.1. Proba de intelixencia.

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

A.3.2. Proba de personalidade.

As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade.

Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento do estrés e motivación polo traballo policial.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico dos candidatos. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse, ademais, os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

A.4. Proba de recoñecemento médico.

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións propias do posto de traballo.

Cualificarase como apto/non apto.

Aos efectos da exclusión do/a aspirante, terase en conta o seguinte:

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresada en metros.

2. Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial, que a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións que corresponden á subescala facultativa.

Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

A.5. Proba de coñecemento da lingua galega.

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuada/s.

Esta proba será eliminatoria, e cualificarase de cero a tres puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de un con cinco puntos como mínimo para superala.

B) Temarios para a proba de coñecementos.

Os temarios para as distintas categorías da subescala facultativa incluirán unha parte xeral e unha parte específica. Na parte xeral deberán figurar aquelas materias que resulten máis próximas ás funcións xerais dos corpos de policía local. Na parte específica incluiranse aqueles contidos que respondan ao desempeño concreto e específico da/s praza/s convocada/s, segundo a titulación exixida en cada caso e as funcións ás que terán que adicarse os/as aspirantes que superen o proceso de selección.

Neste anexo recóllense os temarios da parte xeral, debendo os da parte específica ser elaborados polo órgano convocante para cada ocasión e explicitalos nas bases de cada convocatoria, tendo en conta que cada parte deberá conter o mesmo número de temas, procurando que na parte específica non se inclúan contidos que puideren resultar semellantes aos da parte xeral.

Parte xeral

B.1. Temario para a categoría de policía.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: Dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

4. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

5. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

6. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

7. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

8. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

9. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

10. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

11. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

12. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

13. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

14. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

15. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

16. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

17. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Funcións da policía local. Lei de coordinación das policias locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

18. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

19. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

20. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión. Deontoloxía policial. A policía como servizo público.

B.2. Temario para a categoría de inspector.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Constitución. Concepto e clases. O poder constituínte. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza.

4. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

5. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

6. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

7. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

8. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención do Tribunal Superior de Xustiza.

9. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Idea xeral das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

10. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

11. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

12. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

13. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

14. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

15. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

16. Bens, actividades e servizos públicos na esfera local.

17. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

18. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

19. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

20. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Disposicións xerais. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Réxime disciplinario. Funcións da policía local.

21. Lei de coordinación das policias locais de Galicia. Estrutura e aspectos esenciais. A selección, formación, promoción e mobilidade das policías locais de Galicia. Réxime disciplinario da policía local. Réxime de incompatibilidades. Segunda actividade. Retribucións.

22. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo, abastos, mercados. Venda ambulante. Espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos.

23. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

24. Concepto e contido do dereito penal. Principios que o informan. Principio de legalidade. Principio de irretroactividade e as súas excepcións.

25. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de execución do delito.

26. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

27. Delitos contra a admón. Pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes.

28. A policía local como policía xudicial. Lexislación e funcións. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

29. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención.

30. Contido da asistencia letrada ao detido. Dereito do detido. Responsabilidades penais nas que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

31. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

32. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero.

33. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión. Responsabilidade no exercicio profesional. Deontoloxía profesional.

B.3. Temario para a categoría de intendente.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Constitución. Concepto e clases. O poder constituínte. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

4. Dereitos fundamentais e liberdades públicas III: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión.

5. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e a liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

6. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica.

7. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

8. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

9. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

10. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención do Tribunal Superior de Xustiza.

11. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Idea xeral das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

12. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

13. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

14. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

15. Responsabilidade das administracións públicas e das súas autoridades e demais persoal ao seu servizo. Peculiaridades do ámbito local.

16. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

17. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

18. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos bens de dominio público. O servizo público na esfera local. Modos de xestión dos servizos públicos.

19. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

20. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

21. As multas municipais. Concepto e clases. Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora da Administración.

22. Os orzamentos municipais. Concepto e clases. Ingresos municipais. As ordenanzas fiscais. Documentos contables.

23. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios públicos. Situacións administrativas.

24. A función policial como servizo público. Concepto de policía. Modelo policial español.

25. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Disposicións xerais. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Réxime disciplinario.

26. Competencias das forzas e corpos de seguranza do Estado. As policías autonómicas. As policías locais.

27. Lei de coordinación das policías locais de Galicia. Estrutura e aspectos esenciais. A selección, formación, promoción e mobilidade das policías locais de Galicia.

28. Réxime disciplinario da policía local. Réxime de incompatibilidades. Segunda actividade. Retribucións.

29. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo, abastos, mercados. Venda ambulante. Espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos.

30. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

31. Concepto e contido do dereito penal. Principios que o informan. Principio de legalidade. Principio de irretroactividade e as súas excepcións.

32. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de execución do delito.

33. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

34. Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

35. A policía local como policía xudicial. Lexislación e funcións. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

36. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención.

37. Contido da asistencia letrada ao detido. Dereitos do detido. Responsabilidades penais nas que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

38. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social, cultural.

39. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitudes, valores, prexuízos e estereotipos. Formación de actitudes e relación coa conduta. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

40. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

41. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

42. O mando: concepto, estilos, calidades, trazos e regras; características do mando: funcións, estilos, metodoloxía; relación con subordinados; técnicas de dirección e reunións.

43. Toma de decisións: proceso, deberes cara á organización e relación cos subordinados; poder e autoridade. Técnicas de dirección de persoal: concepto, funcións e responsabilidade. Planificación. Organización, distribución, execución e control do traballo policial. Reunións de grupo. Formación, reciclaxe e perfeccionamento profesional dos membros do equipo.

44. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

45. Responsabilidade no exercicio profesional. Principio de xerarquía e subordinación. Relacións interpersoais. Integridade e imparcialidade. Deontoloxía profesional. Código de conduta para funcionarios encargados de facer cumprir a lei.

ANEXO V

Acceso ás prazas de vixilante municipal: probas selectivas

e temario

A) Probas selectivas.

A.1. Comprobación da estatura e probas de aptitude física.

-Comprobación da estatura.

Antes de comezar as probas físicas efectuarase o control da estatura dos/as aspirantes, quedarán eliminados/as os/as que non teñan a estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

-Probas físicas.

As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas A.1.1, A.1.4 e A.1.5, e alcanzar ou superar os mínimos das probas A.1.2 e A.1.3. Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

Establécense diferentes marcas para cada sexo. As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación que poderán facerse de forma colectiva se así o considera o tribunal cualificador. Nas probas de resistencia xeral e natación disponse dunha soa posibilidade de execución, no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de apto.

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberá realizarse en lugares adecuados ao tipo de proba que se vaia executar. En todas as probas deberase empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor.

A.1.1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

Realizarase nunha pista de atletismo ou calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar sinalado, e poderá realizar a saída de pé ou agachado, sen utilizar tacos de saída.

As marcas máximas exixidas (en segundos) para a superación da proba son:

Homes: 7,40ŽŽ.

Mulleres: 8,20ŽŽ.

A.1.2. Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

A.1.2.1. Flexións de brazos.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.

A flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por enriba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas.

Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo exixible é de 10 flexións.

A.1.2.2. Suspensión en barra.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

O exercicio consiste en quedar, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, agarrado/a coas palmas da man cara atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, queixo situado por enriba da barra e sen ter contacto con ela.

O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.

A.1.3. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e, coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.

O aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pés separados, paralelos entre si e á mesma altura. Realizará un salto horizontal caendo cos dous pés ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próximo á liña.

As marcas mínimas (en centímetros) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 210 cm.

Mulleres: 185 cm.

A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo compacto.

O aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé.

Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira.

As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 3,30Ž.

Mulleres: ,10Ž.

A.1.5. Proba de natación: 25 metros estilo libre.

Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.

O/a aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, debendo permanecer neste último caso en contacto co bordo da saída.

Unha vez que se dea o sinal de saída, os/as aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión.

As marcas máximas (en segundos) son:

Homes: 24ŽŽ.

Mulleres: 28ŽŽ.

A.2. Proba de avaliación dos coñecementos.

A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar a preparación intelectual deles/as e o dominio dos contidos do temario que se inclúe na alínea B deste anexo.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización.

A proba cualificaraa o tribunal de cero a dez puntos, e será preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N=(A-F/3)/5.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas erradas ou non respondidas.

A.3. Probas psicotécnicas.

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos/as aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado. Terán que efectuarse e valorarse por persoal especialista.

A cualificación será de apto/non apto.

A.3.1. Proba de intelixencia.

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

A.3.2. Proba de personalidade.

As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade.

Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento do estrés e motivación polo traballo de vixilante.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico dos candidatos. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse ademais os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función que se vaia desempeñar.

A cualificación será de apto/non apto.

A.4. Proba de recoñecemento médico.

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións propias do posto de traballo.

Cualificarase como apto/non apto.

Para os efectos da exclusión do/a aspirante, terase en conta o seguinte:

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresada en metros.

2. Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial, que a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións que corresponden aos vixilantes municipais.

Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

A.5. Proba de coñecemento da lingua galega.

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuada/s.

Esta proba será eliminatoria, e cualificarase de cero a tres puntos, será preciso alcanzar unha puntuación de un con cinco puntos como mínimo para superala.

B) Temario.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Os dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución.

3. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

4. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

5. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

6. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

7. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

8. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

9. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

10. O réxime local español. Tipos de entidades locais. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

11. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

12. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

13. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Lei de coordinación das policias locais de Galicia e normas de desenvolvemento.

14. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices.

15. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

16. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

17. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso. Cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

18. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio.

19. Os vixilantes municipais. Funcións. Responsabilidade dos vixilantes municipais.

20. Deontoloxía profesional. Obrigas dos funcionarios. O servizo público.

ANEXO VI

Integración de vixilantes, auxiliares ou interinos nos corpos de policía local: baremo de méritos para a fase de concurso

e descrición das probas selectivas

-Obxecto.

Establécese un marco único para o desenvolvemento do concurso-oposición que facilite a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos nos corpos de policía local, ao abeiro da disposición adicional segunda da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais, para que os concellos se axusten ao dito precepto e ao establecido no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, mantendo criterios de homoxeneidade nestes procesos de integración, de xeito que resulten comúns a todos os concellos afectados.

-Requisitos para a integración.

Poderán integrarse nos corpos de policías locais, de acordo co previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e na disposición transitoria terceira do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, todos aqueles vixilantes municipais, auxiliares de policía ou interinos dos corpos de policía local, que cumpran os requisitos previstos, que son os seguintes:

a) Ter unha antigüidade mínima de servizo neses postos de 3 anos continuados no concello de que se trate.

b) Atoparse prestando servizo nos ditos postos no momento de entrada en vigor da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

c) Posuír a titulación exixida (bacharelato ou equivalente). No caso de carecer dela, deberán ter superado o curso que para tal efecto desenvolva a Academia Galega de Seguridade Pública.

-Dispensa doutros requisitos para o persoal que se pode integrar.

Os que cumpran o previsto no punto anterior, estarán dispensados no concurso-oposición dos requisitos de estatura e de idade, de conformidade co disposto na devandita disposición adicional segunda.

-Prazos e convocatorias.

Na dita disposición adicional establécese un prazo de dous anos, contados desde a entrada en vigor da lei, para o desenvolvemento deste concurso-oposición, do que se deberán realizar dúas convocatorias, no suposto de que algún dos que teñan dereito á integración non superasen a primeira convocatoria.

-Fase de concurso.

Os méritos que se acrediten serán valorados segundo a táboa que segue, ata un total de 20 puntos, que corresponden á suma dos máximos de cada epígrafe.

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

-Fase de oposición.

Esta fase constará das seguintes probas:

1. Probas físicas.

As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas 1.1, 1.4 e 1.5, e alcanzar ou superar os mínimos das probas 1.2 e 1.3. Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

Establécense diferentes marcas para cada sexo e grupos de idade: de 18 a 36 anos, de 37 a 48, e de 49 ou máis anos. O/a aspirante estará incluído no grupo de idade correspondente, tendo en conta a súa idade o día da realización das probas. As probas realizaranse de forma individual, agás as de resistencia xeral e natación que poderán facerse de forma colectiva se así o considera o tribunal. Nas probas de resistencia xeral e natación disponse dunha soa posibilidade de execución; no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de «apto».

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberá realizarse en lugares axeitados ao tipo de proba que se vai executar. En todas as probas deberase empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor.

1.1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

Realizarase nunha pista de atletismo ou calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar sinalado, e poderá realizar a saída de pé ou agachado, sen utilizar tacos de saída.

As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba por tramos de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.2. Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

A.1.2.1. Flexións de brazos.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.

A flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por enriba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas.

Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo de flexións exixibles son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.2.2. Suspensión en barra.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.

O exercicio consiste en quedar, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, agarrado/a coas palmas da man cara atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, queixo situado por enriba da barra e sen ter contacto con ela.

Os tempos mínimos (en segundos) exixidos para a superación da probas por tramos de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.3. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal.

Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e, coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.

O/a aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pes separados, paralelos entre si e á mesma altura. Realizará un salto horizontal caendo cos dous pes ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próximo á liña.

As marcas mínimas (en centímetros) exixidas para a superación da proba por tramos de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé.

Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira.

As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba por tramos de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.5. Proba de natación: 25 metros estilo libre.

Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.

O/a aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, debendo permanecer neste último caso en contacto co bordo da saída.

Unha vez que se dea o sinal de saída, os/as aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión.

As marcas máximas (en segundos) para a superación das probas por tramos de idade son:

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

2. Proba de avaliación de coñecementos.

A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar a preparación intelectual deles/as e o dominio dos contidos do temario que se inclúe a continuación.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización.

A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, será preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N=(A-F/3)/10.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas erradas ou non respondidas.

Temario.

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

4. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

5. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

6. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

7. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

8. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía para Galicia.

9. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

10. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

11. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

12. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

13. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

14. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

15. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

16. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións Administrativas.

17. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Funcións da policía local.

18. Lei de coordinación das policias locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

19. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

20. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

21. A Lei de emerxencias de Galicia.

22. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

23. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

24. Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

25. Homicidio e as súas formas. Faltas contra as persoas. Delitos e faltas contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

26. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

27. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

28. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais nas que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

29. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

30. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso. Cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

31. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

32. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

33. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

34. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

35. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

36. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

37. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

38. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

39. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

40. Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo público.

3. Probas psicotécnicas.

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos/as aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado.

3.1. Test de intelixencia e de avaliación doutras aptitudes.

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos/as aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado. Terán que efectuarse e valorarse por persoal especialista.

A cualificación será de apto/non apto.

A.3.1. Proba de intelixencia.

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

A.3.2. Proba de personalidade.

As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade.

Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento do estrés e motivación polo traballo policial.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico dos candidatos. Deste modo, aparte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse ademais os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

A.4. Proba de recoñecemento médico.

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercizo das funcións policiais propias do posto de traballo.

Cualificarase como apto/non apto.

Aos efectos da exclusión do/a aspirante, terase en conta o seguinte:

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresada en metros.

2. Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial, que a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións policiais.

Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

A.5. Proba de coñecemento da lingua galega.

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuada/s.

Esta proba será eliminatoria e cualificarase de cero a tres puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de un con cinco puntos como mínimo para superala.

Puntuación final dos aspirantes.

Rematada a fase de oposición, a cada aspirante que a superase outorgaráselle a puntuación total acadada nesta fase, que será a suma das cualificacións obtidas na proba de coñecementos (referida ao temario) e na de coñecemento da lingua galega, que como máximo será de 13 puntos totais.

Tendo en conta que, por tratarse dun concurso-oposición, a nota final do procedemento selectivo se deberá obter ponderando a puntuación obtida en cada unha das partes, correspondéndolle un 40% da dita nota á fase de concurso e un 60% á de oposición, a determinación desa nota final será a suma das notas parciais ponderadas do seguinte xeito:

-Fase de concurso: á puntuación máxima (20 puntos) corresponderalle a nota ponderada máxima, que é de 4 puntos. Para a determinación da nota ponderada de cada aspirante aplicarase a regra de tres simple, cun máximo de 3 decimais sen redondeo.

-Fase de oposición: á puntuación máxima (13 puntos), corresponderalle a nota ponderada máxima, que é de 6 puntos. Para a determinación da nota ponderada de cada aspirante aplicarase a regra de tres simple, cun máximo de 3 decimais sen redondeo.

Unha vez calculada a puntuación final de cada aspirante, elaborarase unha listaxe destes baseándose na súa puntuación e por orde decrecente, resultando aprobados aqueles que, tendo en conta o número de prazas, obtivesen as notas máis altas.

ANEXO VII

Contratación de auxiliares temporais: probas selectivas

e temario

A) Probas selectivas.

De acordo co previsto no artigo 47 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, as probas para a selección de auxiliares contratados polos concellos, son as que se describen a continuación.

A.1. Comprobación da estatura e probas de aptitude física.

-Comprobación da estatura.

Ao comezo realizarase o control da estatura dos/as aspirantes. Os mínimos son os que rexen para o ingreso nos corpos de policía local: 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

-Probas físicas.

As probas físicas cualificaranse de apto/non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba.

A.1.1. Potencia tren inferior: salto vertical.

Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa.

O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara a arriba e sen levantar os calcañares do chan, e marcará coas dedas a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase, separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como poida, marcando novamente coas dedas o nivel alcanzado.

Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras:

-Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar.

-Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo tempo.

-Permítense dous intentos, só aos aspirantes que fagan nulo no primeiro.

A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior á mínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade.

Ver referencia pdf "02200D021P104.PDF"

A.1.2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo.

O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé.

Só se permite un intento.

O/a aspirante que abandone a carreira quedará excluído.

A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo e grupo de idade:

Ver referencia pdf "02200D022P136.PDF"

2. Proba de coñecementos.

A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos contidos do temario que se inclúe no anexo.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización.

A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N= (A-F/3)/5.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas erradas ou non respostadas.

3. Proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local.

O órgano de selección someterá aos/ás aspirantes a unha proba para determinar o seu nivel de coñecemento sobre as características propias do concello e a toponimia local. Cualificarase de cero a tres puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de un con cinco puntos para superala.

4. Coñecemento da lingua galega.

O tribunal valorará o nivel de coñecemento da lingua galega dos/as aspirantes, mediante unha proba que se cualificará de cero a tres puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de un con cinco puntos para superala.

B.Temario.

1. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais.

2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

4. Lei de coordinación das policias locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

5. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

6. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

7. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices.

8. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

9. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

10. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

11. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio.

12. A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.

C. Relación de aprobados/as.

Establecida a puntuación final de cada aspirante, elaborarase unha listaxe destes/as baseándose na súa puntuación e por orde decrecente, resultando aprobados/as os/as que, tendo en conta o número de prazas, obtivesen as notas máis altas.

D. Curso de formación.

Os/as aspirantes que superasen o proceso de selección deberán participar nun curso de formación que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade Pública na segunda quincena do mes de maio de cada ano. Aqueles/as que xa tivesen participado e obtivesen certificado de asistencia ao dito curso, estarán exentos/as desta obriga por un período de catro anos, de acordo co previsto no artigo 48.2º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.