DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 02 de febreiro de 2009 Páx. 2.228

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se resolve o concurso de traslados previsto na disposición transitoria oitava do Decreto 202/2005, do 7 de xullo, polo que se crea a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública, e se indican os prazos de toma de posesión e cesamento.

A Resolución do 22 de decembro de 2006, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde procede a convocar o primeiro concurso-oposición libre dos previstos nas disposicións transitorias primeira e segunda da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de acordo co establecido na disposición transitoria sexta do Decreto 202/2005, do 7 de xullo.

Rematado o devandito concurso-oposición, e de conformidade co establecido na disposición transitoria oitava do Decreto 202/2005, do 7 de xullo, debía procederse á convocatoria do concurso de traslados previsto na disposición transitoria quinta da Lei 17/1989, do 23 de outubro, no que terán dereito preferente os funcionarios de carreira que optaron voluntariamente por incorporarse aos postos de traballo resultantes da reestruturación sobre o persoal de novo ingreso da primeira oferta pública de emprego, que no devandito concurso terá a consideración de concursante forzoso.

Como queira que ningún dos funcionarios de carreira optou voluntariamente por incorporarse aos novos postos resultantes da reestruturación, non se realizou a primeira fase do devandito concurso, executando a segunda fase tendente a adxudicar destino definitivo aos aspirantes que superaron o primeiro concurso-oposición, en atención á orde resultante do devandito concurso-oposición para que en único chamamento e acto, elixan obrigatoriamente destino definitivo.

Por Resolución do 12 de decembro de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional (DOG nº 247, do 22 de decembro), cítanse para o acto de elección de destino definitivo os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado para o ingreso na clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública.

Realizado o dito acto o día 16 de xaneiro de 2009, procede agora ditar resolución e publicala no Diario Oficial de Galicia, cos destinos definitivos da segunda fase do concurso, indicando nela os prazos de cesamento no seu destino actual, e toma de posesión nos destinos adxudicados.

Por todo isto, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolta definitivamente a segunda fase do concurso de traslados convocado de acordo co previsto na disposición transitoria quinta da Lei 17/1989, do 23 de outubro, e de conformidade co establecido na disposición transitoria oitava do Decreto 202/2005, do 7 de xullo, polo que se crea a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública.

Segundo.-Publicar no anexo desta resolución a relación de participantes na segunda fase do concurso de traslados xunto cos destinos definitivos adxudicados.

Terceiro.-De conformidade co establecido no artigo 14.1º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo para tomar posesión no novo destino adxudicado no concurso será de tres días hábiles se o posto de traballo obtido no concurso, se atopa na mesma zona que o que desempeñaba co carácter de destino provisional, ou de un mes se se atopa en zona distinta.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, o cal deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación deste resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes contado desde o día seguinte á dita publicación.

Cuarto.-Agás cando a resolución do concurso implique o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión terá a consideración de servizo activo para todos os efectos, polo tanto, na dilixencia de toma de posesión deberá consignarse como efectos administrativos o día seguinte ao do cesamento.

Quinto.-O cómputo dos prazos de toma de posesión e cesamento iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos participantes no concurso de traslados.

Nos supostos de atoparse na situación incapacidade temporal ou baixa por maternidade, o cómputo do prazo iniciarase a partir do día seguinte ao da correspondente alta.

Sexto.-Tanto o cesamento como a toma de posesión dos postos de traballo adxudicados polo presente concurso, deberá realizarse ante as delegacións provinciais da Consellería de Sanidade, que coordinarán entre elas os actos de xestión pertinentes.

Sétimo.-A toma de posesión nos postos de traballo adxudicados no presente concurso levará aparellado, se é o caso, o cesamento do persoal interino que os veña desenvolvendo temporalmente, agás o persoal interino ao que lle sexa de aplicación o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 17/1989, que será recolocado noutro posto de traballo que se atope vacante.

O dito cesamento producirase o mesmo día que se incorpore efectivamente ao posto de traballo, o funcionario de carreira ao que lle fose adxudicado o dito posto con carácter definitivo.

Oitavo.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, caso en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito nos tres días seguintes ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia a opción realizada á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios, en consecuencia non xerarán dereito a indemnización

Noveno.-Contra esta resolución que pon fin á vía administativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado contencioso-administativo competente no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2009.

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos

e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego

de Saúde

Ver referencia pdf "02200D024P140.PDF"