DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 02 de febreiro de 2009 Páx. 2.230

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4537/2008).

Por este edicto faise saber que en providencia ditada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Amenedo Martínez, en nome e representación de José Rial Prego, Mª de los Ángeles Pequeño Prado, José Carlos Álvarez Prado, Manuel Álvarez Prado, Mª Fe Núñez López, Gumersindo Alonso Acuña contra a orde da CPTOPT do 16 de maio de 2008, pola que se aproba de forma definitiva o PXOM do Concello de Vigo.

Recurso número: procedemento ordinario 4537/2008.

A publicación deste anuncio servira de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, consideraranse parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 18 de decembro de 2008.

Inmaculada Pérez Arrojo

Secretaria