DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 02 de febreiro de 2009 Páx. 2.231

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (98/2008).

Emilio Alcalá-Zamora Canel, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 98/2008, se ditou esta sentenza, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza 64/2008.

Betanzos, 27 de maio de 2008.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, xuíza de primeira instancia e instrución do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un dos desta localidade, os autos de xuízo de faltas sobre falta de lesións, nos cales son parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciantes-denunciados Juan Regueira Ordóñez e Ricardo Ivón Barros.

Decido.

Condeno a Juan Regueira Ordóñez como autor responsable dunha falta de lesións tipificada no artigo 617.1º do CP á pena de multa por unha duración dun mes, a razón dunha cota diaria de oito euros, pagadeira nun único prazo dentro dos 15 días seguintes a aquel en que se efectúe o requirimento para o seu aboamento, cunha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de Ricardo Ivón Barros na suma de 300 euros e ao Sevizo Galego de Saúde na suma de 323,89 euros, todo isto con imposición da metade das custas procesuais».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentenza a Juan Regueira Ordóñez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o 12 de decembro de 2008.

Emilio Alcalá-Zamora Canel

Secretario