DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 02 de febreiro de 2009 Páx. 2.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por solicitude de María del Carmen Regueira Morgade para a concesión de licenza de legalización para a apertura e o funcionamento dunha explotación agraria, situada no lugar da Costa, parroquia de Presedo, deste termo municipal. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edito no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais de Urbanismo co fin de que aquel que se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións ou observacións que teña por conveniente.

Abegondo, 30 de decembro de 2008.

P.D. (Decreto 26-12-2006)

Víctor M. González Meizoso

Alcalde en funcións