DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 02 de febreiro de 2009 Páx. 2.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia procedemento aberto e urxente para a contratación das obras do proxecto de obras viarias para reforma e acondicionamento do enlace peonil da avenida de Marín coa avenida de Santiago na súa intersección.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia en que se tramita o expediente: Negociado de Infraestruturas.

1.3. Número de expediente: referencia 1968.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto e urxente, das obras do proxecto de obras viarias para reforma e acondicionamento do enlace peonil da avda. de Marín coa avda. de Santiago na súa intersección, que se financiará con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local, creado polo Real decreto lei 9/2008, do 28 de novembro.

2.2. Prazo de execución: 7 (sete) meses.

3. Tramitación, procedemento e criterios de valoración.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto, sen admisión de alternativas.

3.3. Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

a) Oferta económica: 30 puntos.

b) Volume da man de obra propia da empresa que se empregará na execución do contrato: 25 puntos.

c) Volume de man de obra que se contratará: 25 puntos.

d) Melloras que ofreza gratuitamente o contratista: 20 puntos.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 352.382,12 €, IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Definitiva: 5% do importe da adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Negociado de Infraestruturas.

6.2. Enderezo: praza do Trigo nº 2-3º.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 26 93 33.

6.5. Web: www.ourense.es

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

7.2. Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior 1, das 9.00 ás 13.00 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior 1.

9.3. Data: o oitavo día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 22 de xaneiro de 2009.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde