DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 06 de febreiro de 2009 Páx. 2.566

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de febreiro de 2009 pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

O Decreto 279/2008, do 11 de decembro, polo que se crea e se regula o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, establece no seu artigo 3 que a presidencia deste órgano recaerá na persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que os membros deste consello serán nomeados pola persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo das correspondentes designacións polas entidades que o compoñen.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Facer pública a composición do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, coa seguinte relación de persoas e cargos:

1. Presidencia.

Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Vicepresidencia.

Antonio Vázquez Vázquez, director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

3. Vogais.

a) José Ramón Leis Fidalgo, director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

b) Polas direccións dos centros superiores de cada unha das ensinanzas artísticas superiores implantadas en Galicia:

-Rodolfo García Alonso, director do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

-Manuel Lamas Castro, director da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.

-Manuel Vieites García, director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

-Adelaida Lorenzo Sueiro, directora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

c) Por designación da conselleira competente en materia de Cultura: Cristina Domínguez Dapena, directora do Centro Dramático Galego.

d) Por designación da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, entre personalidades de recoñecido prestixio: Damián Álvarez Villalaín, Luis Costa Vázquez-Mariño, Miguel Anxo Fernández Fernández, Luz María Gómez Rodríguez, Antón Sobral Iglesias e Maximino Zumalave Caneda.

4. Secretario.

Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2009.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

c) SUBSTITUCIÓNS PRESIDENCIA