DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 13 de febreiro de 2009 Páx. 2.963

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada.

Advertidos erros na Orde do 28 de xaneiro de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 22, do 2 de febreiro, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 2.193, no anexo I, punto A.1.1. Proba de velocidade: carreira 50 metros lisos, onde di: «As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba son: homes: 7,40’. Mulleres: 8,20’», debe dicir: «As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son: homes: 7,40’’. Mulleres: 8,20’’».

Na páxina 2.194, no anexo I, punto A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos, onde di: «As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba son: homes: 3,30’. Mulleres: 4,10’», debe dicir: «As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son: homes: 3’30’’. Mulleres: 4’10’’».

Na páxina 2.208, no anexo III, punto 3.1.2., onde di: «epígrafe A.1 do anexo II desta orde, nin a superación de materias deles», debe dicir: «epígrafe 1 do anexo III desta orde, nin a superación de materias deles».

Na páxina 2.211, no anexo IV, punto A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos, onde di: «As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba por cada tramo de idade son: homes 18-36 anos 3,35’, 37-48 anos 3,50’, 49 anos ou máis 4,30’. Mulleres 18-36 anos 4,15’, 37-48 anos 4,30’, 49 anos ou máis 5,00’», debe dicir: «As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba por cada tramo de idade son: homes 18-36 anos: 3’35’’, 37-48 anos 3’50’’, 49 anos ou máis 4’30’’. Mulleres 18-36 anos 4’15’’, 37-48 anos 4’30’’, 49 anos ou máis 5’00’’».

Na páxina 2.217, no anexo V, punto A.1.4. onde di: «As marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba son: homes: 3.30’, mulleres: 10’», debe dicir: «As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son: homes: 3’30’’. Mulleres: 4’10’’».

Na páxina 2.220, no anexo VI, punto A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos, onde di: «as marcas máximas (en minutos) exixidas para a superación da proba por tramos de idade son: homes 18-36 anos: 3,30’, 37-48 anos 3,50’, 49 anos ou máis 4,30’. Mulleres 18-36 anos 4,10’, 37-48 anos 4,30’, 49 anos ou máis 5,00’», debe dicir: «As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba por tramos de idade son: homes 18-36 anos 3’30’’, 37-48 anos 3’50’’, 49 anos ou máis 4’30’’. Mulleres 18-36 anos 4’10’’, 37-48 anos 4’30’’, 49 ou máis anos 5’00’’».

Na páxina 2.224, no anexo VII, punto A.1.2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos, onde di: «A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo ou grupo de idade: homes 18-36 anos: 4,30’, 37-45 anos 5,00’, 46 anos ou máis 5,15’. Mulleres 18-36 anos 5,00’, 37-45 anos 5,30’, 46 ou máis anos 5,45’», debe dicir: «A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos e segundos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo ou grupo de idade: homes 18-36 anos: 4’30’’, 37-45 anos 5’00’’, 46 anos ou máis 5’15’’. Mulleres 18-36 anos 5’00’’, 37-45 anos 5’30’’, 46 ou máis anos 5’45’’».