Como consecuencia das competencias transferidas en virtude do Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, e asumidas polo Decreto da Xunta de Galicia 394/1994, do 29 de decembro, a Comunidade Autónoma de Galicia aprobou o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta polo Decreto 269/2008, do 6 de novembro (DOG nº 242, do 15 de decembro), que supón o desenvolvemento normativo da Lei 1/1996, de asistencia xurídica gratuíta.
A disposición derradeira primeira do referido Decreto 269/2008, no seu número 2, establece a obriga da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de aprobar por orde o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.
Polo exposto, en virtude da autorización conferida na disposición derradeira do Decreto 269/2008 polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta, tras o informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas do 14 de xaneiro de 2009,
DISPOÑO:
Artigo único.-Aprobar mediante o anexo desta orde o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta de acordo co disposto no artigo 15 do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta.
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2009.
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ver referencia pdf "03300D002P007.PDF"

