DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 25 de febreiro de 2009 Páx. 3.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO de licitación.

A Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2009, acordou aprobar o expediente de contratación que a seguir se detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello da Cañiza (Pontevedra).

2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

3. Obxecto: expediente número 01/FIEL, construción de edificio multiusos na Cañiza.

4. Tramitación: urxente.

5. Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.

6. Orzamento de licitación: 1.114.677,58 euros (IVE incluído).

7. Prazo de execución: nove (9) meses.

8. Clasificación: grupo C, subgrupo 2.

9. Criterios de adxudicación e ponderación destes: artigo 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Obtención de información: Concello da Cañiza, Secretaría Xeral 986 65 10 00-1 perfil do contratante www.caniza.org e secretari@caniza.org

11. Lugar e forma de presentación de proposicións: artigo 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data límite de presentación de proposicións: ata as 14.00 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte á derradeira publicación deste anuncio (BOP, DOG ou perfil do contratante).

13. Apertura de proposicións: artigo 17 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 3.000 euros.

A Cañiza, 17 de febreiro de 2009.

Mª Helena Fernández González

Tenente de alcalde