DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 25 de febreiro de 2009 Páx. 3.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas de obra e licenzas de actividade para as actividades e nas localizacións que a seguir se indican:

1. Solicitante: PC City Spain, S.A.U. Actividade: venda polo miúdo de compoñentes informáticos. Localización: estrada Madrid s/n, centro comercial Gandariña, local 1, (P.P. Gandariña 2) O Meixoeiro. Expediente: 65056/421 e 34469/422.

2. Solicitante: Boulanger España, S.L. Actividade: establecemento comercial especializado en equipación de fogar, electrodomésticos. Localización: estrada de Madrid s/n, centro comercial Gandariña, local 2, (P.P. Gandariña 2), O Meixoeiro. Expedientes: 65038/421 e 34464/422.

3. Solicitante: Kiabi España Ksce, S.A. Actividade: venda polo miúdo para equipamento persoal. Localización: estrada Madrid s/n, centro comercial Gandariña, local 4, (P.P. Gandariña 2) O Meixoeiro. Expedientes: 65525/421 e 34673/422.

De conformidade co artigo 8º.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que xulgue oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia sito na praza do Rei 4, Vigo).

Vigo, 18 de febreiro de 2009.

José Manuel Mariño Mendoza

Delegado da Área de Urbanismo e Vivenda