DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 11 de marzo de 2009 Páx. 5.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira.

Advertido erro no Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, publicado no DOG nº 33, do 17 de febreiro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira faise a oportuna corrección:

Artigo 6º.-Actividades permitidas e limitacións de uso nas zonas de ZEP-I-Vilarrube e ZEP-II-Boca da ría.

Onde di: «a) A pesca con artes de enmalle dentro da ZEP-I-Vilarrube nas modalidades tradicionalmente empregadas e de conformidade co establecido no Plan de xestión integral a que se refire o artigo 7º», debe dicir: «a) A pesca con artes de enmalle dentro da ZEP-I-Vilarrube e ZEP II-Boca da ría nas modalidades tradicionalmente empregadas e de conformidade co establecido no Plan de xestión integral a que se refire o artigo 7º».