DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 11 de marzo de 2009 Páx. 5.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2009 pola que se comunica á empresa Phisios, S.L. o arquivo do expediente IG107.2008.1.32, relativo á axuda a proxectos empresariais de novos emprendedores.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento da empresa Phisios, S.L., titular do expediente IG107.2008.1.32, relativo á axuda a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG nº 55, do 18 de marzo) que, con data do 19 de decembro de 2008, a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu arquivar o expediente.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer potestativamente un recurso de reposición ante a directora da Área de Financiamento do Igape no prazo máximo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo máximo de dous meses, desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2009.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica