DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Luns, 30 de marzo de 2009 Páx. 6.354

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 20, do 29 de xaneiro de 2009, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 1.920, no punto II da parte expositiva, onde di: «O regulamento estrutúrase en seis títulos en que teñen cabida 87 artigos, catro disposicións adicionais, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.», debe dicir «O regulamento estrutúrase en seis títulos en que teñen cabida 87 artigos e catro disposicións adicionais.»

Na páxina 1.921, no índice, Título I, capítulo I, no artigo 17, onde di: «Comunicación á Unión Europea de proxectos de establecemento, concesión ou modificación dunha subvención.», debe dicir: «Notificación e comunicación á Unión Europea de proxectos de establecemento, concesión ou modificación dunha subvención.»

Na páxina 1.925, no artigo 4.2º, na letra f), onde di: «Réxime de pagamentos, se é o caso, garantías.», debe dicir: «Réxime de pagamentos e, se é o caso, garantías.»

Na páxina 1.927, no artigo 12º, onde di: «Lei 28/2003, do 17 de novembro», debe dicir «Lei 38/2003, do 17 de novembro»

Na páxina 1.930, no artigo 26º.4, onde di: «Cando, na resolución de concesión dunha subvención plurianual, se previse expresamente na normativa reguladora a posibilidade de efectuar pagamentos á conta, sinalarase a distribución por anualidades da contía atendendo ao ritmo de execución da acción subvencionada.», debe dicir «Cando se previse expresamente na normativa reguladora a posibilidade de efectuar pagamentos á conta, na resolución de concesión dunha subvención plurianual sinalarase a distribución por anualidades da contía atendendo ao ritmo de execución da acción subvencionada.»

Na páxina 1.932, no artigo 34º.2, onde di: «artigo 33.6º» debe dicir «artigo 33.7º»

Na páxina 1.932, no artigo 35º.1, onde di: «artigo 14 m) da Lei de subvencións de Galicia», debe dicir «artigo 14.1º.m) da Lei de subvencións de Galicia»

Na páxina 1.937, no artigo 50º.4, onde di: «na letra f) do artigo 12.1º da Lei de subvencións de Galicia», debe dicir «na letra f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia»

Na páxina 1.939, no artigo 59º.1, onde di: «o establecido no punto l) do artigo 14.1º da Lei subvencións de Galicia», debe dicir «o establecido no punto m) do artigo 14.1º da Lei de subvencións de Galicia»

Na páxina 1.941, o artigo 65º.4, letra b), onde di: «As entidades vinculadas ou dependentes directa ou indirectamente da Comunidade Autónoma de Galicia as que se refiren os puntos 2 e 3 do artículo 1º deste regulamento», debe dicir: «As entidades vinculadas ou dependentes directa ou indirectamente da Comunidade Autónoma de Galicia.»

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE