Óscar García Rodríguez solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación de fosa de xurro que se vai situar en Montixo-Muro.
Cumprindo o disposto no artigo 8.1º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Láncara, 23 de xaneiro de 2009.
O alcalde
Rubricado

