DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 24 de abril de 2009 Páx. 7.955

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

DECRETO 243/2009, do 23 de abril, polo que se nomea directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño a María Covadonga Salgado Blanco.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de abril de dous mil nove,

Nomeo directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño a María Covadonga Salgado Blanco.

Santiago de Compostela, vinte e tres de abril de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar