DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 08 de maio de 2009 Páx. 8.505

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DECRETO 275/2009, do 7 de maio, polo que se nomea secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a María Encarnación Rivas Díaz.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de maio de dous mil nove,

Nomeo secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a María Encarnación Rivas Díaz.

Santiago de Compostela, sete de maio de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas