O Pleno da corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27-3-2009, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 34 do PXOU, rúas Amado Carballo, Loureiro Crespo e José Malvar Figueroa, para a construción dun aparcamento subterráneo público, que é o instrumento urbanístico de modificación do planeamento de desenvolvemento que fora aprobado polo Pleno en sesión do 17-9-2004, formulado por este concello e redactado polo arquitecto municipal da Oficina de Planeamento e Xestión Urbanística en xaneiro de 2008, con desestimación expresa das alegacións formuladas por Esperanza Carballido Abal e Juan Antonio Pazos Montes no período de información pública con fundamento no informe do arquitecto municipal do 26-1-2009, que serve de motivación a este acto e se incorpora a el, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Segundo.-Notificar o acto administrativo a Esperanza Carballido Abal e Juan Antonio Pazos Montes, Xerencia Territorial do Catastro e demais persoas e organismos interesados con ofrecemento do réxime procedente de recursos, con comunicación expresa á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes nos termos do artigo 92.3º da LOUGA; déuselle traslado a esta última dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola Secretaría Xeral do Pleno.
Terceiro.-Dispoñer a publicación do anuncio do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, -facendo constar a remisión da documentación á CPTOPT-, e a publicación do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP para lograr a sú eficacia e executividade, de acordo co establecido no artigo 92 da LOUG e artigos 70.2º e 65 da LRBRL.
Faise constar que con data 15-4-2009 tivo entrada na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a documentación referida no número 3º do artigo 92 da Lei 9/2002.
O que se fai público, a salvo dos termos que resulten da aprobación definitiva da acta, en cumprimento do ordenado e para os oportunos efectos.
Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
Pontevedra, 20 de abril de 2009.
Miguel Anxo Fernández Flores José Carlos Castiñeira Piñeiro
Alcalde Secretario da Administración Municipal