DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 26 de maio de 2009 Páx. 9.224

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 maio de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica de nomeamento de director xeral deste instituto.

En virtude do establecido nos artigos 12 da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e 10 do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, que aproba o seu regulamento, por proposta do presidente e logo da deliberación dos membros asistentes, o Consello de Dirección do Igape adoptou na xuntanza do 15 de maio de 2009 o acordo de cesamento e nomeamento do director xeral.

Para os efectos do seu xeral coñecemento e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.-Publicar o nomeamento de Joaquín Varela de Limia de Cominges como director xeral do Igape con efectos desde o día 18 de maio de 2009, acordado polo seu Consello de Dirección na súa xuntanza do 15 de maio de 2009.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2009.

Javier Guerra Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica