DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 03 de xuño de 2009 Páx. 9.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO.

Con data do 26 de maio de 2009 o alcalde do Concello de Allariz, Francisco García Suárez, asinou un convenio urbanístico con Luis Cid González e os seus fillos Adolfo e José Manuel Cid Feijoo, en representación de todos os propietarios da AR-143 do PXOM, para substituír o deber legal de cesión do 10% do aproveitamento tipo que lle corresponde como promotor da área de repartición nº 143 (AR-143) de solo urbano non consolidado, aproveitamento estimado en 179,5 m2, polo pagamento de 20.642,50 euros conforme a valoración efectuada polos servizos técnicos municipais.

Segundo consta o citado convenio, a propiedade comprométese a aboar a citada cantidade no momento de obter a correspondente licenza de obra.

En cumprimento do disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o dito convenio ao trámite de información pública mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Región de Ourense por un período de vinte días.

Os interesados poden examinar o referido convenio na secretaría do concello durante o prazo de exposición, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Allariz, 27 de maio de 2009.

Francisco García Suárez

Alcalde