DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 20 de xullo de 2009 Páx. 12.373

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 354/2009, do 17 de xullo, polo que se nomea delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina) a Alejandro Roberto López Dobarro.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xullo de dous mil nove,

Nomeo delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina) a Alejandro Roberto López Dobarro.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza