DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 20 de xullo de 2009 Páx. 12.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 355/2009, do 17 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

En atención á relevancia dos servizos constantes prestados á sociedade galega polos expresidentes da Xunta de Galicia e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidecia, Administracións Púbicas e Xustiza e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xullo de dous mil nove,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a:

-Gerardo Fernández Albor.

-Fernando Ignacio González Laxe.

-Manuel Fraga Iribarne.

-Emilio Pérez Touriño.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza