DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 16 de setembro de 2009 Páx. 14.802

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 385/2009, do 27 de agosto, polo que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2009-2010.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8.2º que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da Universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O artigo 35.2º da Lei orgánica 6/2001 establece que, ademais do recollido no parágrafo anterior, as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno, na sua virtude, o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, estableceu a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. A verificación positiva das titulacións que se autorizan neste decreto foi acordada previamente polo Consello de Universidades.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, e no Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007 acordáronse unhas liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e de posgrao no sistema universitario de Galicia.

No artigo 3 do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por decreto do Consello da Xunta de Galicia. Previamente terá que emitir informe o Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 5. j) da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades.

Baixo a formulación xeral exposta, neste decreto autorízase a implantación de estudos conducentes aos títulos de grao no Sistema Universitario de Galicia (SUG), unha vez cumpridos todos os requisitos previos ao acto formal de autorización por parte da Xunta de Galicia.

O deseño da nova oferta de titulacións e especialidades no Sistema Universitario de Galicia, ademais de perseguir o obxectivo irrenunciable da transmisión do coñecemento, debe enmarcarse nun sistema máis aberto, diverso e versátil, que permita e favoreza unha mellor adaptabilidade a unha realidade laboral cambiante en exixencias e capacidades e que facilite e promova a formación ao longo da vida que demanda a sociedade actual.

O proceso de implantación dos novos títulos de grao debe permitir o deseño dunha oferta global cun eficiente aproveitamento dos recursos -os existentes e aqueles que será necesario dotar para a adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior- para mellorar a calidade do SUG. É necesario tender a unha oferta o máis completa e versátil posible e, ao mesmo tempo, diminuír as repeticións dentro do SUG e eliminar as redundancias dentro dunha mesma universidade.

Nas citadas liñas xerais fixouse que, na segunda fase, ademais das titulacións que se imparten nun único campus e cumpren plenamente os requisitos establecidos polo Consello Galego de Universidades, poderán adaptarse e, polo tanto, solicitar a verificación e a autorización para seren implantadas no curso 2009-2010, as restantes titulacións que cumpran os criterios de demanda, especialización ou acordo entre universidades.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e do artigo 3.3º do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta dos consellos de goberno das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, co informe previo favorable dos consellos sociais respectivos, logo do informe favorable do Consello Galego de Universidades, verificados positivamente os plans de estudos polo Consello de Universidades, en exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e sete de agosto de

dous mil nove,

DISPOÑO

Artigo 1º.-Universidade de Santiago de Compostela.

Campus de Santiago de Compostela:

1. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Administración e Dirección de Empresas.

2. Concédese autorización para que na Facultade de Bioloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Bioloxía.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Comunicación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Comunicación Audiovisual.

4. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Economía.

5. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Social.

6. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enfermaría se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

7. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Enxeñaría se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Informática.

8. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Filoloxía Clásica.

9. Concédese autorización para que na Facultade de Filosofía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Filosofía.

10. Concédese autorización para que na Facultade de Física se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Física.

11. Concédese autorización para que na Facultade de Xeografía e Historia se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Historia.

12. Concédese autorización para que na Facultade de Xeografía e Historia se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Historia da Arte.

13. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Lingua e Literatura Españolas.

14. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Lingua e Literatura Galegas.

15. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Lingua e Literatura Inglesas.

16. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Lingua e Literatura Modernas.

17. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Pedagoxía.

18. Concédese autorización para que na Facultade de Psicoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Psicoloxía.

19. Concédese autorización para que na Facultade de Química se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Química.

20. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Relacións Laborais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

21. Concédese autorización para que na Facultade de Xeografía e Historia se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Xeografía e Ordenación do Territorio.

22. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Comunicación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Xornalismo.

Campus de Lugo:

1. Concédese autorización para que na Facultade de Administración e Dirección de Empresas se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Administración e Dirección de Empresas.

2. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

3. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Relacións Laborais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

Artigo 2º.-Universidade da Coruña.

Campus da Coruña:

1. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Administración e Dirección de Empresas.

2. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Bioloxía.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

4. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Estudos Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Ciencias Empresariais.

5. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Comunicación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Comunicación Audiovisual.

6. Concédese autorización para que na Facultade de Dereito se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Dereito.

7. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Economía.

8. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Infantil.

9. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Primaria.

10. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Social.

11. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Enfermaría se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

12. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría de Edificación.

13. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Español, Estudos Lingüísticos e Literarios.

14. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Fisioterapia se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Fisioterapia.

15. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Galego e Portugués, Estudos Lingüísticos e Literarios.

16. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Inglés, Estudos Lingüísticos e Literarios.

17. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Logopedia.

18. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Química.

19. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Relacións Laborais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

20. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Turismo «Centro Español de Nuevas Profesiones» se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Turismo.

Campus de Ferrol:

1. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

2. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Deseño Industrial se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Humanidades se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Humanidades.

4. Concédese autorización para que na Facultade de Humanidades se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Información e Documentación.

5. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Podoloxía.

Artigo 3º.-Universidade de Vigo.

Campus de Vigo:

1. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Administración e Dirección de Empresas.

2. Concédese autorización para que na Facultade de Bioloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Bioloxía.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias do Mar se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Ciencias do Mar.

4. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Dereito.

5. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Economía.

6. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Enfermaría-Meixoeiro se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

7. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Enfermaría-Povisa se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

8. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía e Tradución se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Estudos de Galego e Español.

9. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía e Tradución se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Linguas Estranxeiras.

10. Concédese autorización para que na Facultade de Química se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Química.

11. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

12. Concédese autorización para que na Facultade de Filoloxía e Tradución se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Tradución e Interpretación.

Campus de Pontevedra:

1. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

2. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Comunicación Audiovisual.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Dirección e Xestión Pública.

4. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Fisioterapia se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Fisioterapia.

5. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Publicidade e Relacións Públicas.

6. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Infantil.

7. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Primaria.

Campus de Ourense:

1. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Administración e Dirección de Empresas.

2. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Dereito se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Dereito.

4. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Social.

5. Concédese autorización para que na Escola Superior de Enxeñaría Informática se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Informática.

6. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Traballo Social.

7. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Turismo.

8. Concédese autorización para que na Facultade de Historia se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Xeografía e Historia.

9. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Infantil.

10. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Primaria.

Artigo 4º.-Implantación das novas ensinanzas.

A implantación polas universidades do sistema universitario de Galicia dos plans de estudos conducentes á obtención dos títulos que se autorizan neste decreto realizarase coa temporalidade prevista no correspondente plan de estudos verificado polo Consello de Universidades.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-A efectiva impartición das ensinanzas autorizadas neste decreto queda condicionada ao procedemento establecido no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada por Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e no capítulo VI do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de agosto de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria