DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 17 de setembro de 2009 Páx. 14.905

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2009-2010, entre profesorado dos corpos de catedráticos e de profesorado de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticas e catedráticos e profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado de música e artes escénicas, catedráticas e catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, o persoal opositor que tivo aprazamento da fase de prácticas e non a superou, interinas, interinos, substitutas e substitutos e o persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Pola Orde do 12 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xuño), da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ditáronse normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2009-2010, entre profesorado dos corpos de catedráticos e de profesorado de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticas e catedráticos e profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado de música e artes escénicas, catedráticas e catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, o persoal opositor que tivo aprazamento da fase de prácticas e non a superarou, interinas, interinos, substitutas e substitutos e o persoal funcionario de carreira que

solicite o reingreso no servizo activo.

Resoltas as reclamacións producidas á resolución provisional, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino provisional para o curso académico 2009-2010 aos profesores que figuran no anexo desta resolución nos centros e especialidades que alí se especifican.

Segundo.-Facer públicas as comisións de servizo e os desprazamentos por falta de horario.

Terceiro.-A toma de posesión será con efectividade do 17 de setembro de 2009.

Cuarto.-Sen prexuízo do previsto no punto anterior, no caso dos profesores interinos que teñen nomeamento durante o curso académico 2008-2009, a toma de posesión terá efectos económicos e administrativos do día inmediatamente posterior ao do seu cesamento.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2009.

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros e Recursos Humanos

Ver referencia pdf "18300D012P020.PDF"

Ver referencia pdf "18300D013P021.PDF"

590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

Ver referencia pdf "18300D013P021.PDF"

591240 Linguaxe de signos

591250 Audio próteses

591700 Especialista (corpo 591)

Ver referencia pdf "18300D013P021.PDF"

592000 Árabe

Ver referencia pdf "18300D013P021.PDF"

594412 Fundamentos de composición

Ver referencia pdf "18300D013P021.PDF"