DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 21 de setembro de 2009 Páx. 15.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2009 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo de servizo de nove (9) avións de carga en terra con destino á loita contra os incendios forestais. (Expediente 5/2009).

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de nove (9) avións de carga en terra con destino á loita contra os incendios forestais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

-Diario Oficial de Galicia nº 70, do 14 de abril de 2009.

-BOE nº 91, do 14 de abril de 2009.

-Diario Oficial de la Unión Europea, enviado o 8 de abril de 2009.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 2.500.000 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 24 de xuño de 2009.

b) Empresa: UTE Angel Martinez Ridao/Servicios Aéreos Europeos y Tratamientos Agrícolas.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 2.499.000 euros.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2009.

P.D. (Orde 22-4-2009)

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural