O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.
Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 25 de maio de 2009 (BOE do 10 de xuño), de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o Decreto da Xunta de Galicia 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes
RESOLVO:
Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2009.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
-María Dolores Veiras Suárez, notaria de oposición para a notaría da Estrada (Pontevedra).
-Pedro Antonio Luna Vega, notario do Barco de Valdeorras para a notaría de Monforte de Lemos (Lugo).
-Federico José Ramón Cantero Núñez, notario de Arteixo para a notaría de Arteixo (A Coruña) (creada por Real decreto 173/2007, do 9 de febreiro).
-Andrés Antonio Sexto Presas, notario de Pontedeume para a notaría de Oleiros (A Coruña) (creada por Real decreto 173/2007, do 9 de febreiro).
-Gabriela Victoria Marqués Mosquera, notaria de oposición para a notaría do Barco de Valdeorras (Ourense).
-Eduardo Díez Fernández-Barbé, notario de oposición para a notaría de Chantada (Lugo).
-Javier Durán Bollo, notario de oposición para a notaría de Cuntis (Pontevedra).
-Beatriz Marzoa Rivas, notaria de oposición para a notaría de Guitiriz (Lugo).
-María Cuartas Berdejo, notaria de oposición para a notaría de Mondoñedo (Lugo).
-Raúl Gerardo Muñoz Maestre, notario de oposición para a notaría de Ortigueira (A Coruña).
-Marta Jaspe de la Peña, notaria de oposición para a notaría de Ribadeo (Lugo).
-Antón de la Peña Parga, notario de oposición para a notaría de Sarria (Lugo).
-Carlos Sebastián Lapido Alonso, notario de oposición para a notaría de Teo (A Coruña).
-Francisco Javier Ramírez González, notario de Ponte Caldelas para a notaría de Ordes (A Coruña).
-Óscar Manuel López Doval, notario de Ribeira para a notaría do Porriño (Pontevedra).
-Carlos Antonio Doval Grande, notario de oposición para a notaría da Fonsagrada (Lugo).
-Marta Abelaira Fernández, notaria de oposición para a notaría de Quiroga (Lugo).
-Manuel Gancedo Torrego, notario de oposición para a notaría de San Sadurniño (A Coruña).

