De conformidade co establecido na Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, e no Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1992, do 13 de xaneiro, e vista a proposta do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra,
RESOLVO:
Aprobar a declaración como zona de seguridade dos terreos adxacentes ao río Tomeza, no concello de Pontevedra, quedando delimitada a devandita zona de acordo coa descrición que a continuación se indica, mediante coordenadas UTM, e que queda reflectida nos planos elaborados polo Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra que están incorporados ao expediente:
Ver referencia pdf "19800D043P048.PDF"
Contra esta resolución poderá interpoñerse o recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 15 de setembro de 2009.
Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial do Departamento Territorial
de Pontevedra