Biogalicia Sono, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación dun establecemento de comercio por xunto de tratamentos con biocidas, con acceso de vehículos para carga e descarga, na rúa Rof Codina núm. 7, baixo (acceso por rúa dos Agros).
Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este período -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto-, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.
Lugo, 2 de setembro de 2009.
María Novo Pena
Delegada da Área de Urbanismo

