DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 05 de novembro de 2009 Páx. 17.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 22 de outubro de 2009 pola que se aproba a adxudicación de vehículos do Parque Móbil da Xunta de Galicia.

Conforme a proposta efectuada pola presidenta da mesa da poxa que tivo lugar o día 17 de outubro de 2009 para a poxa de vehículos do Parque Móbil da Xunta de Galicia, conforme o prego aprobado o 23 de setembro pasado mediante resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicada no Diario Oficial de Galicia do 24 de setembro de 2009,

DISPOÑO:

Primeiro.-Adxudicar os bens descritos no anexo ás persoas que se relacionan.

Segundo.-Que se lles notifique persoalmente aos adxudicatarios, advertíndolles que no prazo de quince (15) días a partir da notificación deberán realizar o pagamento do prezo total do alleamento e que, de non o facer, decaerán no seu dereito con perda da cantidade consignada ou depositada, sen prexuízo do resarcimento á Administración dos posibles quebrantamentos que derivasen da ineficacia da adxudicación.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

ANEXO

Lote 3.

Vehículo: Audi A8.

Matrícula: 0412-BNK.

Adxudicatario: Alberto González González.

Enderezo: r/ A Enfesta, 9-1, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

Prezo de adxudicación: 9.830 euros.

Lote 5.

Vehículo: Audi A8.

Matrícula: 4312-BLT.

Adxudicatario: José Luis Taboada Seoane.

Enderezo: estrada nacional VI, km 582, 1, 15168 Sada (A Coruña).

Prezo de adxudicación: 9.140 euros.

Lote 8.

Vehículo: Audi A6.

Matrícula: 1829-BFB.

Adxudicatario: José Luis Taboada Seoane.

Enderezo: estrada nacional VI, km 582, 1, 15168 Sada (A Coruña).

Prezo de adxudicación: 9.900 euros.