DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 06 de novembro de 2009 Páx. 17.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2009, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Guitiriz. (Expediente IN407A 09/75-2, 7562 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Todo en Inmobiliaria y Servicios, S.L.

Domicilio social: Campoverde, 6, parroquia do Buriz, Guitiriz, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. privadas para subministración eléctrica a vivenda unifamiliar.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

-L.M.T.A. a 15 kV con orixe nun apoio existente da derivación a C.T. 27 AH99 na liña TEX 705 propiedade de Unión Fenosa, e final no C.T.I. proxectado de Prado, cunha lonxitude de 55 metros, en condutor LA-56.

-C.T. de intemperie cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000 V/400-230 V.

-L.B.T.A. con orixe no C.T.I. proxectado, cunha lonxitude de 896 metros en condutor tipo R.Z.-150 tensado sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de outubro de 2009.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo