En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Axencias e Operadores de Transporte do Noroeste (Anor), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas relacionadas co transporte de mercadorías por estrada.
Asinan a acta de constitución: Javier Adolfo González Diéguez e dúas persoas máis.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2009.
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

