DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 23 de decembro de 2009 Páx. 19.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Liteyca, S.L. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de actividade para almacén, que se situará en Gandarón (RU) nº 50 (expediente 34862/422).

De conformidade co artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase a disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 19 de novembro de 2009.

José Manuel Mariño Mendoza

Delegado da Área de Urbanismo e Vivenda