DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 30 de decembro de 2009 Páx. 19.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización.

Por acordo do Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 19 de novembro de 2009, aprobouse definitivamente o Plan de sectorización, previsto no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, do SUND-5, Madeireira de Dozar, no lugar da Silva de Arriba da parroquia de San Miguel de Sarandón, promovido por Celestino Lata Carbia, e nos termos do expediente tramitado, o que se publica para os efectos do artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 92.3º da mencionada Lei 9/2002, do 30 de decembro, remitíronse á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio dous exemplares do plan de sectorización aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Así mesmo, de acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicarase no BOP da Coruña o documento que contén a normativa e as ordenanzas.

Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se puidese estimar máis conveniente.

Vedra, 24 de novembro de 2009.

Odón C. Cobas García

Alcalde