DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2010 Páx. 941

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2009 pola que se fai unha corrección de erros da Resolución do 30 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 27 de outubro) pola que se crean os ficheiros de Vixilancia e control de accesos e de Xestión de usuarios dos servizos do laboratorio de análise de radiacións como ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Santiago de Compostela.

Advertidos erros na Resolución Reitoral da Universidade de Santiago de Compostela do 30 de setembro de 2009 (DOG do 27 de outubro) pola que se crean os ficheiros de Vixilancia e control de accesos e de Xestión de usuarios dos servizos do laboratorio de análise de radiacións como ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Santiago de Compostela, esta reitoría, en aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 30 de novembro, acorda proceder a súa corrección do seguinte xeito:

1. No anexo relativo ao ficheiro nº 20: Vixilancia e control de accesos, onde di:

«d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel:

-Sistema de información, que poderá integrar recursos automatizados e gravacións en soporte analóxico ou dixital».

Debe dicir:

«d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel:

-Sistema de información de imaxes xeradas mediante sistemas automatizados e gravacións en soporte analóxico ou dixital. O sistema de tratamento será automatizado».

2. No anexo relativo ao ficheiro nº 21: Xestión de usuarios dos servizos do laboratorio de análise de radiacións, onde di:

«d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel:

Base de datos de carácter identificativo dos solicitantes dos servizos e asesoramento e dos resultados das análises».

Debe dicir:

«d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel:

Base de datos de carácter identificativo dos solicitantes do servizos e asesoramento (nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono e sinatura) e dos resultados das análises. O sistema de tratamento será mixto».

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2009.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela