A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vai ter lugar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación ICA, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora.
Centro de Formación ICA, S.L.
3. Data.
Do 4 ao 12 de marzo de 2010.
4. Lugar de realización.
Instalacións de Centro de Formación ICA, S.L.
R/ Portela, 12 interior. O Calvario. 36205 Vigo (Pontevedra).
5. Número de prazas.
25 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección.
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes.
Solicitude segundo modelo anexo.
9. Programa:
*Día 4-3-2010.
16.00-18.15 horas:
1. Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.
18.15-21.00 horas:
2. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.
3. Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas. Lexislación II.
4. Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.
*Día 5-3-2010.
16.00-18.15 horas:
5. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por praguicidas.
18.15-21.30 horas:
6. Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.
*Día 11-3-2010.
16.00-18.15 horas:
7. Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.
18.15-21.00 horas:
8. Métodos químicos (DDD). Técnicas de aplicación de praguicidas. Desinfección ambiental. Lexionela.
*Día 12-3-2010.
16.00-19.15 horas:
9. Prácticas:
-Preparación de disolucións de produtos.
-Exercicios prácticos.
-Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.
19.15-21.30 horas:
10. Prácticas:
-Uso axeitado dos medios de protección persoal.
-Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.
-Avaliación tipo test.
10. Certificado de superación do curso.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, no caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2010.
Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Saúde Pública e Planificación
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
Entidade organizadora: Centro de Formación ICA, S.L.
Datas: do 4 ao 12 de marzo de 2010.
Lugar de realización do curso: Instalacións de Centro de Formación ICA, S.L.
R/ Portela, 12 interior. O Calvario. 36205 Vigo (Pontevedra).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.
Horario: os días 4 e 11 de marzo, das 16.00-21.00 horas e os días 5 e 12 de marzo das 16.00-21.30 horas.
Nº de prazas: 25 alumnos.
Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición ao Centro de Formación ICA, S.L., r/ Portela, 12 interior. O Calvario. 36205 Vigo (Pontevedra), teléfono: 986 37 77 79, fax: 986 26 53 00.
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Ver referencia pdf "04400D006P012.PDF"

