De conformidade co establecido no artigo 8.1º do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado por Decreto 374/1996, do 17 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, esta consellería
DISPÓN:
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Código: 36010241.
Denominación anterior: colexio de educación infantil e primaria Dr. Eijo Garay.
Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Illas Cíes.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2010.
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

