DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2010 Páx. 3.483

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia, e se procede á súa convocatoria (IN218A-presentación electrónica).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49, do 12 de marzo de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 3.319, columna esquerda, último parágrafo, e na páxina 3.320, columna esquerda, artigo 3º, punto c, onde di: «enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.es», debe dicir: «enderezo electrónico cei.dxcomercio@xunta.es».

Na páxina 3.319, artigo 2º, punto 1, onde di:

«http://axudasindustria.xunta.es/att»,

debe dicir:

«https://axudasindustria.xunta.es/att».