Margarita Torres Ruíz, secretaria da Sala do Social do Tribunal Supremo, fago saber que no recurso de casación para a unificación de doutrina número 8/3112/2007 interposto por Carlos da Silva Preto Torrao, sobre despedimento, ditouse providencia cuxo teor literal é o seguinte:
«Madrid, catorce de outubro de dous mil oito.
Dada conta por recibida a anterior comunicación da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta considerando insostible o recurso, póñase en coñecemento de Luis Carlos da Silva Preto Torrao, facéndolle saber que se no prazo de tres días non designa letrado pola súa conta para a súa defensa, procederase a poñer fin ao trámite do recurso.
Acórdao a sala e asina o maxistrado relator, comigo o secretario da sala».
E, para que sirva de notificación en legal forma a Carlos da Silva Preto Torrao, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Madrid, 23 de marzo de 2010.
Margarita Torres Ruíz
Secretaria xudicial

