Advertidos erros no citado Decreto 77/2010, do 29 de abril (publicado no DOG nº 89, do 12 de maio, páx. 8.385 e seguintes), cómpre facer as seguintes correccións:
Onde di: Catro.-Modificación parcial dos artigos 21º, 25º e 53º.
-O número 1 e) do artigo 21º quedará redactado do xeito seguinte:
«Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP».
-O número 1 e) do artigo 25º quedará redactado do xeito seguinte:
«Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP».
-A alínea d) do artigo 53º quedará redactada do xeito seguinte:
«Ser titular dos permisos de conducir das clases A e B con BTP, agás para a categoría de policía, que só se exixirán os permisos de clase A2 e B con BTP».
Debe dicir: Catro.-Modificación parcial dos artigos 21º, 26º e 53º.
-O número 1 e) do artigo 21º quedará redactado do xeito seguinte:
«Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP».
-O número 1 e) do artigo 26º quedará redactado do xeito seguinte: