DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2010 Páx. 11.114

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na publicación do devandito decreto, realizada no Diario Oficial de Galicia nº 103 do mércores 2 de xuño de 2010, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 9.891, preámbulo, segunda columna, último parágrafo, onde di: «Para estes efectos, o capitulo II do título II deste decreto dispón a creación e a regulación especifica dunha nova sección no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, a Sección, ao abeiro…», debe dicir: «Para estes efectos, o capitulo II do título II deste decreto dispón a creación e a regulación especifica dunha nova sección no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, a Sección 4ª, ao abeiro…».

Na páxina 9.892, preámbulo, segunda columna, parágrafo cuarto, liña segunda, onde di: «O capítulo II recolle a creación e a regulación especifica da Sección do Rexistro…», debe dicir: «O capítulo II recolle a creación e a regulación especifica da Sección 4ª do Rexistro…».

Na páxina 9.895, artigo 9º.2, segunda columna, onde di: «As vivendas que se incorporen … de acordo cos datos que deriven da Sección do Rexistro Único…», debe dicir: «As vivendas que se incorporen… de acordo cos datos que deriven da Sección 4ª do Rexistro Único…».

Na páxina 9.913, disposición transitoria quinta, segunda columna, liñas décima e décimo primeira, onde di: «…en aluguer da que na data de publicación…», debe dicir: «…en aluguer que na data de publicación…».

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA