DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2010 Páx. 13.004

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2010 pola que se procede á convocatoria pública das subvencións en réxime de concorrencia non competitiva dirixidas ás persoas titulares e ás inquilinas das vivendas arrendadas no marco do Programa Aluga, no exercicio 2010.

O Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 103, do 2 de xuño), que entrará en vigor aos dous meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, establece o réxime xurídico do citado programa coa dobre finalidade de fomentar o aluguer de vivendas de titularidade privada en Galicia e, pola súa vez, facilitar o acceso á vivenda aos sectores de poboación con menor nivel de ingresos.

O Programa Aluga establece un marco de subvencións públicas dirixidas aos titulares e ás persoas inquilinas de vivendas arrendadas no marco do citado programa.

Este programa xorde da necesidade de dar unha nova orientación ás medidas de fomento do aluguer de vivendas cos fins sociais antes sinalados e, neste senso, substitúe o programa de vivenda en aluguer (PVA) regulado polo Decreto 48/2006, do 23 de febreiro. O Decreto 84/2010, do 27 de maio, establece un minucioso réxime transitorio co fin de posibilitar a incorporación ao Programa Aluga e evitar descontinuidade e interrupción entre ambos os dous programas, mantendo as expectativas e situacións amparadas no PVA, en particular e entre outras, no que respecta ao réxime de subvencións. Neste senso, esta convocatoria tamén recolle o financiamento das situacións amparadas nas disposicións transitorias segunda a sétima do citado decreto, que para as solicitudes en trámite na data de publicación do decreto, ou que se presenten entre esa data e o da súa entrada en vigor, seralles de aplicación o previsto no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, precisamente para amparar a continuidade entre

programas e evitar a interrupción na percepción de subvencións.

Esta convocatoria suxeitase ao disposto na Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2010, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no seu regulamento, así como ao establecido no Decreto 84/2010, do 27 de maio.

De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, en relación co artigo 36 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e co artigo 4 do Decreto 317/2009, do 4 de xuño, a competencia corresponde ao presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, o que determina que a convocatoria anual se realice por medio de resolución.

En uso da referida autorización,

RESOLVO:

Artigo 1º.-Bases reguladoras.

As bases reguladoras das subvencións previstas nesta convocatoria están reguladas no título IV e, cando sexa de aplicación, no previsto no réxime transitorio do Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 103, do 2 de xuño).

Artigo 2º.-Obxecto.

1. Esta resolución ten por obxecto proceder á convocatoria no exercicio 2010 en réxime de concorrencia non competitiva das seguintes liñas de axuda:

a) Axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda, regulada nos artigos 43 a 46 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

b) Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas, regulada nos artigos 38 a 41 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

2. Esta convocatoria tamén será de aplicación ás solicitudes de axuda presentadas ao abeiro do establecido nas disposicións transitorias segunda a sétima do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

Artigo 3º.-Orzamento.

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os exercicios 2010 e 2011 onde figuran os créditos con cargo aos cales serán atendidas as solicitudes de axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda prevista no Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como o importe máximo das subvencións que se poderán outorgar dentro do segundo semestre de 2010, asemade a contía máxima que se poderá imputar ao exercicio orzamentario 2010 e ao de 2011, son as seguintes:

Ver referencia pdf "13400D016P092.PDF"

2. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio 2010 onde figuran os créditos con cargo aos cales serán atendidas as solicitudes de subvencións para obras e actuacións de reforma nas vivendas previstas no Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como o importe ou contía máxima das subvencións que se poderán outorgar dentro do segundo semestre de 2010, son as seguintes:

Ver referencia pdf "13400D016P092.PDF"

3. O importe máximo das subvencións obxecto desta convocatoria poderá incrementarse en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias nas citadas aplicacións, sempre que concorra algún dos supostos previstos no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De producirse un incremento do crédito destinado á concesión destas subvencións, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Axuda ás persoas inquilinas.

1. Poderán ser beneficiarias da axuda ás persoas inquilinas as unidades familiares ou de convivencia que reúnan os requisitos e condicións sinalados no artigo 43.2º do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

2. A contía da axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda determinarase de acordo co establecido no artigo 44 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

3. As solicitudes de axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo I desta resolución nas oficinas do Rexistro do IGVS, das súas áreas provinciais ou dos seus servizos centrais ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xunto coa solicitude deberá entregarse, en orixinal ou copia compulsada, a seguinte documentación:

a) Declaración do IRPF de todos os membros da unidade familiar ou de convivencia, referida ao último período impositivo con prazo de presentación vencido.

De non presentar declaración de IRPF, declaración responsable de todos os ingresos da unidade familiar ou de convivencia, debidamente xustificados documentalmente, e referida ao último período impositivo con prazo de presentación vencido.

No caso de ingresos obtidos no estranxeiro, copia da declaración similar presentada no estranxeiro, autenticada pola agregadoría laboral correspondente ou pola delegación consular en España e, de ser o caso, o certificado de correspondencia en euros do importe declarado.

b) Declaración responsable da composición da unidade familiar e autorización para solicitar por vía telemática as acreditacións relativas a ingresos e débedas (no modelo anexo IB). Para o caso de que se denegue expresamente a autorización ao IGVS para solicitar as certificacións que deben emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a Consellería de Facenda, deberá presentarse a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter débedas por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma.

c) Para o caso de que non conste no expediente da unidade familiar ou de convivencia do Programa Aluga e de non autorizar a consulta telemática da Administración, DNI ou NIE e certificado de empadroamento de todos os integrantes da unidade familiar ou de convivencia.

d) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 43.2º do Decreto 84/2010, do 27 de maio (no modelo de solicitude).

Para o caso de que variasen as circunstancias que constan no expediente da unidade familiar ou de convivencia do Programa Aluga deberá presentarse a correspondente documentación, conforme o sinalado no artigo 28.2º e 3º do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

e) Declaración responsable das subvencións, axudas, recursos ou ingresos solicitados e/ou concedidos para a mesma finalidade polas administracións públicas competentes, entes públicos ou privados. Ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitou nin percibiu outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade (no modelo anexo IC).

f) No caso de solicitude de subvención por prórroga do contrato de arrendamento, ademais do anterior, deberán presentarse os xustificantes de pagamento dos últimos doce meses dos recibos de auga, electricidade e/ou gas.

Artigo 5º.-Prazo de presentación de solicitudes de axuda ás persoas inquilinas.

As solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga.

No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude de axuda ás persoas inquilinas deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do período inicial ou da correspondente prórroga do contrato de arrendamento.

Artigo 6º.-Procedementos de concesión da axuda ás persoas inquilinas.

De conformidade co establecido no artigo 47 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, fíxanse para o segundo semestre do exercicio 2010 procedementos mensuais de concesión da axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda. Por cada procedemento de concesión ditarase a correspondente resolución que conterá a contía das subvencións que se concedan na mensualidade, cos seguintes importes máximos:

Ver referencia pdf "13400D016P092.PDF"

Finalizado cada un dos períodos de concesión e, se non estiver esgotado o crédito máximo, por resolución do director xeral do IGVS trasladarase a contía non aplicada ao período seguinte.

Artigo 7º.-Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas.

1. Poderán ser beneficiarias da subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas as persoas físicas titulares dunha vivenda arrendada no marco do Programa Aluga, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 38 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e se trate de obras subvencionables de acordo co establecido no seu artigo 39. Tamén poderán optar a esta modalidade de axuda as persoas xurídicas nos supostos previstos nas disposicións transitorias segunda, terceira e sétima do citado decreto.

2. A contía da subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas determinarase de acordo cos criterios e límites establecidos no artigo 40 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, sen prexuízo do establecido nas disposicións transitorias citadas no número anterior.

3. As solicitudes de subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo II desta resolución nas oficinas do Rexistro do IGVS, das súas áreas provinciais ou dos seus servizos centrais, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xunto coa solicitude deberá presentarse, en orixinal ou copia compulsada, a seguinte documentación:

a) Para o caso de que non conste no expediente e de non autorizar a consulta telemática da Administración, DNI ou NIE de todos os titulares da vivenda.

b) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil, ademais dos xustificantes de gasto realizado deberán presentarse os xustificantes do seu pagamento, xunto cunha relación dos xustificantes aportados(no modelo anexo IIB).

c) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 38.1º do Decreto 84/2010, do 27 de maio (no modelo anexo IIC).

d) Declaración responsable das subvencións, axudas, recursos ou ingresos solicitados e/ou concedidos para a mesma finalidade polas administracións públicas competentes, entes públicos ou privados. Ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitaron nin percibiron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade (no modelo anexo IIC).

e) Para o caso de que se denegue expresamente a autorización ao IGVS para solicitar as certificacións que deben emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda, deberá presentarse a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter débedas por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma.

Artigo 8º.-Prazo de presentación de solicitudes da subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas.

As solicitudes da subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas deberán presentarse entre a data de formalización do primeiro contrato de arrendamento e o día 15 do mes seguinte.

Artigo 9º.-Órganos competentes para a instrución e resolución.

Os órganos competentes para a instrución e resolución dos procedementos de concesión de subvencións previstas nesta convocatoria son os que se establecen no artigo 48.5º do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

Artigo 10º.-Prazo de resolución e notificación.

1. A resolución das solicitudes da axuda ás persoas inquilinas resolverase no mesmo mes da súa presentación, agás nos supostos de solicitudes de subvención por prórroga do contrato de arrendamento, que se poderán resolver no mes seguinte á súa presentación, segundo o establecido no artigo 45.8º do Decreto 84/2010. Transcorrido o prazo sinalado sen se ditar resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude.

2. No caso de solicitudes de subvención de obras e actuacións de reforma, o prazo para ditar resolución será de seis meses, segundo o sinalado no artigo 48.4º do citado decreto.

3. As resolucións que se diten nestes procedementos serán notificadas aos interesados dentro do prazo de dez días a partir da data en que foran ditadas, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 11º.-Recursos.

As resolucións que se diten nos procedementos de concesión de subvencións previstas nesta convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da dita xurisdición, nos prazos sinalados no artigo 48.6º do Decreto 84/2010.

Artigo 12º.-Autorizacións.

Ademais das autorizacións para a obtención de datos previstas no artigo 53 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, coa presentación da solicitude ao abeiro desta convocatoria:

a) A persoa interesada autoriza expresamente o IGVS para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos previstos no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. Poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto do contido destes rexistros, de conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 132/2006.

b) E, comportará a autorización ao IGVS para que, de acordo co establecido no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e no artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultades de desenvolvemento.

Facúltase o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo para adoptar as resolucións, instrucións e aclaracións que sexan precisas para a adecuada xestión e execución desta convocatoria.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Ver referencia pdf "13400D016P092.PDF"