DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2010 Páx. 13.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 117/2010, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o goberno galego ten a vontade de outorgarlle a súa máis alta distinción á institución e á persoa que se indican a seguir.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xullo de dous mil dez,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a:

Cabido da Catedral de Santiago de Compostela.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

Santiago de Compostela, quince de xullo de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza