DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2010 Páx. 13.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 13 de xullo de 2010 pola que se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación previa relativa ao inicio do exercicio de actividade nun establecemento veterinario, nun centro dedicado ao acicalamento ou coidados de animais, ou nunha residencia de animais.

Os principios relativos ás liberdades de establecemento e de libre prestación de servizos establecidos na Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, pretenden reducir as trabas no acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio de maneira que os instrumentos de intervención das administracións públicas deben ser conformes cos principios de non discriminación, de xustificación e de proporcionalidade, e, así mesmo, exixe que se simplifiquen os procedementos e se reduzan as cargas administrativas.

O proceso de transposición da Directiva de Servizos implicou a revisión de normas vixentes para asegurar a súa compatibilidade e coherencia cos principios mencionados. Con este obxectivo realizouse un exercicio de avaliación de toda a normativa sectorial reguladora do acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio. Como resultado deste exercicio na Comunidade Autónoma de Galicia, publícase a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

A adaptación do ordenamento xurídico vixente aos principios da Directiva de Servizos non remata nas normas de rango de lei, senón que é necesaria a adaptación das normas de rango regulamentario, publicándose así o Decreto 111/2010, do 24 de xuño, polo que se modifican diversos decretos en materia de agricultura, formación agraria e conservación da natureza, para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE, relativa aos servizos no mercado interior.

No artigo primeiro do devandito decreto modifícase o Decreto 153/1998, do 2 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, no que se fixa, no seu artigo 39, a necesaria presentación dunha comunicación previa polas persoas físicas ou xurídicas interesadas nos establecementos previstos no parágrafo terceiro do artigo 33.

Os establecementos a que fai referencia o parágrafo terceiro do artigo 33 son os establecemento veterinarios, os centros dedicados ao acicalamentos ou coidados de animais e as residencias de animais.

Á vista do exposto, e en exercicio das atribucións conferidas polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

1. Aprobar e dar publicidade ao modelo de comunicación previa relativa ao inicio de actividade nun establecemento veterinario, nun centro dedicado ao acicalamento ou coidados de animais, ou nunha residencia de animais, que se contén no anexo I desta Orde, en virtude do artigo 39 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, así como o anexo II que contén os requisitos que se deben cumprir para iniciar as devanditas actividades.

2. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "13600D043P077.PDF"