DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2010 Páx. 13.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e trámite urxente, do contrato de obras non harmonizado, de restauración da fachada da Acibecharía da Catedral de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras, non harmonizado.

b) Descrición do obxecto: obras de restauración da fachada da Acibecharía da Catedral de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela (A Coruña)

c) Prazo de execución: máximo de doce (12) meses e, por razóns técnicas, mínimo de nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 168.460,66 €.

IVE (18%): 30.322,92 €

Importe total: 198.783,58 €, IVE incluído, e conforme a seguinte distribución por anualidades.

Ano 2010: 48.783,58 €, IVE incluído.

Ano 2011: 150.000,00 €, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral. Poderán solicitarse no teléfono: 981 58 89 38.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 14535

Teléfonos: Información de índole técnica: 981 54 65 94; información de índole administrativa 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados nos puntos 10.1 e 10.2 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 19.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: o rexistro xeral da Xunta de Galicia no edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo na data e na hora que serán anunciadas, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2010.

P.D. (Orde 2-5-2009)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Turismo